Vilariño acolle unha formación en torno ao sector da castaña

Vilariño de Conso acollerá, durante a tarde de mañá una xornada formativa denominada “Castiñeiros e necesidades de dixitalización aplicadas en campo”. Será a partir das 16,00 horas, no albergue da localidade.

A formación, levada a cabo a través do Inorde, comezará coa recepción dos participantes para posteriormente entrar en materia con catro temáticas diferentes: dixitalización e modernización do cultivo da castaña, sensorización dos soutos, modelización de pragas e enfermidades e sistema de aviso e estimación de danos. O remate da formación ofrecerase una degustación gastronómica con base de castaña.

Te puede interesar