Lixoteca

Aprende a facer un yo-yó

Fabricar o teu propio “yo-yó” é mo sinxelo, pero este novo xoguete ofrecerache grandes momentos de diversión.

1. Os materiais que necesitas son: dous tapóns de botella -é importante que sexan iguais, do mesmo tamaño-, un parafuso, un desparafusador, arredor dun metro de corda, cartolina, tesoiras, un rotulador e pegamento.

2. O primeiro paso require o uso dun parafuso, así que se ves que che resulta complicado, non dubides en pedirlle axuda a unha persoa maior para non mancarte. Fai un burato no centro de cada tapón e úneos a través do parafuso, deixando unha distancia entre eles de arredor dun centímetro.

3. Para ter un “yo-yó” é imprescindible algo que non axude a que suba e baixe. Nós imos utilizar unha corda fain. Colle un dos extremos e átao entre os dous tapóns facéndolle un nó que quede ben apretadiño. No outro extremo fai tamén un nó deixando un oco para meter o dedo ó xogar.

4. Para tapar os tapóns e que non quede o parafuso á vista, podes facer o adorno que se che ocorra. Nós fixemos unha cariña triste dun lado e outra máis contenta do outro. En calquera caso, marca o círculo do tapón sobre a cartolina para saber a área que poderás decorar, para non ocupar máis do que podes.

5. Agora que xa o tes listo, só queda pegalos sobre os tapóns. Con axuda dunha pistola de silicona ou do pegamento que mellor se che adapte, pega cada un dos círculos de cartolina para tapar o interior do xoguete. Se é un debuxo concreto, asegúrate de que quedan os dous no mesmo sentido.

6. Deixa que seque e.. xa está listo para comezar a xogar. Comeza por enroscar a corda arredor do parafuso, mete o dedo polo buratiño que deixaches no outro extremo da corda, solta o “yo-yó” e a divertirse! Xa ves que é moi sinxelo pero moi bo para pasar unha tarde de chuvia sen aburrirte. Xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante