XORNAL ESCOLAR

Aprendemos o que vivimos

OURENSE. 14.04.2015. COLEGIO MIRAFLORES, GRABACION DE PROGRAMA XORNAL ESCOLAR. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera .

O traballo por proxectos e unha metodoloxía baseada nas intelixencias múltiples caracterizan o día a día do centro ourensán Plurilingüe Miraflores, tal e como expuseron no seu paso por Telemiño

O exitoso espazo de Telemiño "Xornal Escolar", que permite coñecer de cerca aos centros de ensino da provincia de Ourense, visita esta semana ao colexio Plurilingüe Miraflores.

O colexio Plurilingüe Miraflores é un completo e dinámico centro educativo no que potencian o traballo coas familias, o traballo por proxectos e unha forte aposta polos idiomas, fundamentalmente o inglés pero tamén castelán, galego, chino e francés.

Os alumnos, xa a partir do primeiro ciclo de Infantil (0 a 3 anos), reciben clases de inglés con profesorado especializado. Este primeiro contacto vaise implantando gradualmente durante tódalas etapas educativas do alumno.

As instalacións deportivas son outro punto forte do centro educativo, onde a piscina é, sen lugar a dúbidas, o espazo preferido dos alumnos e tamén dos mestres e profesores do colexio Plurilingüe Miraflores.

Os alumnos que participaron no espazo de Telemiño, Xornal Escolar, foron os de 3º e 4º de Primaria, ensináronnos o seu centro educativo e mostráronse moi satisfeitos do traballo realizado. Tocaron diferentes instrumentos e xogaron ao axedrez, unha actividade moi exitosa.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar