XORNAL ESCOLAR

Artistas no plató de Telemiño

08.05.15.OURENSE.POLIGONO.TALEMIÑO.GRABACION.PROGRAMA.XORNAL.ESCOLAR.ALUMNOS.SALESIANOS.
photo_camera 08.05.15.OURENSE.POLIGONO.TALEMIÑO.GRABACION.PROGRAMA.XORNAL.ESCOLAR.ALUMNOS.SALESIANOS.

Os alumnos do Cpr Plurilingüe María Auxiliadora - Salesianos sorprendéronnos pola súa espontaneidade diante das cámaras, incluso tocaron o piano e atrevéronse a cantar

Un total de 51 alumnos visitaron o plató de Telemiño e participaron na ilusionante tarefa de comunicar. Ángela Bretal, Carla Moral e Guillermo Benvides axudaron a Conchi Pérez a presentar un divertido e espontáneo programa para coñecer o seu centro educativo e facerlle preguntas, culturais, persoais e do colexio, ao seu xefe de estudos.

O concursante desta semana no programa de Telemiño, Xornal Escolar, é o mestre Alberto Fernández que compaxina coa xefatura de estudos a súa labor docente. No plató descubrimos un gran centro en dimensións e en traballo dos profesionais da educación, potenciando o espirito salesiano, o deporte é o pluriligüismo.

Don Bosco, o patrón dos músicos, dos magos e dos medios de comunicación, foi no seu momento un avanzado. Cando a educación iba pola instrucción dura, case agresiva, obtou pola cercanía do educador, polo acompañamento. Unha educación así está baseada no xogo e na música que xunto co dominio dos idiomas son as señas de identidade do Cpr Plurilingue María Auxiliaora-Salesianos.

Comezan as preguntas:

Cal é o pasado do verbo write?
Wrote

Cantas provincias ten Andalucía?
Oito: Huelva, Jaén, Sevilla, Córdoba, Málaga, Cádiz, Almería e Granada

Cal é a capital de Australia?
Canberra

Cantas aulas hai en infantil e primaria?
En infantil temos 9 aulas e 16 en primaria, e temos que sumar unha aula máis, a aula de educación especial.

Que sentiches cuando te nomearon xefe de estudos?
Dende hai dous anos, ademáis de ser mestre, ocupo a xefatura de estudos de infantil e primaria, un cargo máis enfocado á organización.

Primeiro sentín medo e inseguridade, pero coa axuda dos mestres, dos salesianos e dos alumnos todo sae ben.

Que é o que máis lle gusta dos nenos do cole?

O que vemos aquí, a espontaneidade dos nenos. Todos levamos un neno dentro.

Cal era a túa asignatura preferida de pequeno?

Pois eu era artista, gustábame a música e a pintura. Recordo que na miña aula, os meus compañeiros tocaban a frauta, o instrumento que se utiliza para música.

Eu tocaba o teclado, a mestra deixábamo levar. Aínda me segue gustando a música.

Dende cando quixeches ser mestre?

Non foi de golpe, xa desde pequeno gustábame compartir cos meus compañeiros, un preparaba e ensinaba, compartir o que se sabe.

Que fas no tempo libre?

Cando saes da escola, hai que desconectar. Gústame sair na bici polo Miño ou correr. As veces varios compañeiros quedamos para xogar ao fútbol no colexio. E tamen teño que añadir que son aficionado a lectura.

Non podíamos acabar o programa sen falar de Amencer. Unha parte máis da obra salesiana. Un pilar moi importante na educación da cidade. Xa están a preparar o campamento de verán, tan coñecido por todos. Durante todo o ano hai actividades de tempo libre, excursións, obradoiros... Os primeiros destinatarios son os nosos alumnos pero está aberta a toda a cidade. É unha maneira de ver o que pretendía Don Bosco, unha educación integral.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar