XORNAL ESCOLAR

Carautas únicas e orixinais

img00481-20120218-1858_result
photo_camera Carautas.

Esta semana podedes aprender a realizar máscaras de Entroido con material reciclado de xeito moi doado e divertido

Xa a pasada semana vos comentabamos da importancia e valor que están a ter os materiais reciclados nestas festas do Entroido. Sabemos que sodes moitos os que vos ides disfrazar, que vos encantan estas datas e que estes días xa estades a preparar vós mesmos os traxes e complementos que ides lucir nas festas que se celebran en toda a provincia.

Para os que apostades por ser únicos e orixinais e quederes vós mesmos preparar os traxes que ides lucir, esta semana presentamos máis ideas de disfraces con materias reciclados, concretamente carautas.

Para elaborar carautas ou o que é o mesmo máscaras de Entroido soamente tedes que deixar voar a vosa imaxinación e encher todo de divertidas cores. Para realizar as carautas soamente utilizaremos un pouco de cartón reciclado, pinturas de varias cores, pratos de papel e gomas elásticas.
O proceso de elaboración e ben sinxelo e podedes elaborar este traballo de manualidades sós ou ben coa axuda dalgún adulto. O primeiro que hai que facer é pintar no cartón diversas caras, ollos, bocas, narices, gafas, cexas, bigotes, sombreiros, orellas, etcétera e darlles cores e formas orixinais. O seguinte paso é pintar os pratos de cartón con aquelas cores que máis vos gusten e colocarlle a goma elásticas, para elo é preciso facerlle os butatos para as gomas e tamén para os ollos.

Por último e o momento máis divertido, deberedes montar a vosa careta, esto é as vosas caras tolas sobre os pratos, pegando as gafas, bocas, sombreiros, cexas, etc... que previamente realizástedes ó voso gusto e do xeito máis divertido que vos poidades imaxinar. O resultado non pode ser máis orixinal e seguro que estes días de Entroido non atoparede ningunha carauta semellante xa que cada unha delas é totalmente persoal e única.

É moi doado participar no Entroido con carautas preciosas e únicas feitas por vós con material reciclado. Trátase dunha manualidade doada que podedes realizar en moi pouco tempo e lucir polas rúas fantásticas cores.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar