XORNAL ESCOLAR

Escolares dinámicos e moi aplicados

photo_camera Alumnos, presentado e concursantes posaron todos xuntos ao remate da gravación.

No colexio Divino Maestro contan cos medios tecnolóxicos máis punteiros aos 
que recurren para brindarlle aos seus alumnos unhas clases máis dinámicas e atractivas

Non cabe a menor dúbida de que as actividades que se celebran fóra do centro de ensino son as máis chamativas para o alumnado, pero se por riba se trata de gravar un programa na tele, a proposta cobra aínda maior expectación.

Escolares do colexio Divino Maestro visitaron o plató de Telemiño para participar no programa Xornal Escolar, onde gozaron de intres do máis divertidos e amosaron as súas habilidades á hora de expresarse ante as cámaras. Mari Luz Grande Blanco foi a profesora que se someteu ás preguntas dos escolares e quen superou con éxito cada un dos acertixos aos que a someteron.

Tras un video de presentación do centro, onde percorreron varios espazos e aulas como o ximnasio, onde acollen os acontecementos deportivos do centro, unha aula de Infantil, e as de 2º e 3º de Primaria onde descubriron o que estaban a realizar os escolares, chegou entonces o momento do comezo do xogo.

Mari Luz tivo que adiviñar obxectos, accións e personaxes cunhas pistas que os propios alumnos do colexio lle proporcionaron con moita habilidade. Mari Luz pola súa banda respondeu con moito acerto a cada unha das preguntas.

Non faltou o visionado do video adicado a unha das actividades que máis éxito ten no colexio a "Feira das Ciencias". Xa se leva celebrando dende hai varios anos no centro e gústalles moito polo feito de investigar, coñecer aspectos interesantes e experimentar. Trátase dunhas xornadas portas abertas á creatividade e na que tamén acoden pais e familiares dos escolares.

ROUND 1   CANTO SABE?     

Ano do descubrimento de América.

- Hai moitos anos, aínda non nacera eu. Foi polo ano 1492.

Que expulsan as prantas ploa noite?

- Pode ser anhídrido carbónico.

Cal foi o resultado do último encontro entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid.

- Fútbol, que mal, prefiro o baloncesto, pero se me deixades pensalo seguro que me lembro. Pode ser 1 gol para o Atlético e 0 para o Real Madrid.

ROUND 2   O NOSO COLE       

Cantos anos leva impartindo clase no noso colexio?

- No cole de Ourense levo uns once anos.

Por que cambiou o noso colexio de ubicación, antes do Xardín do Posío, agora no 21?

- Porque non quedaba máis remedio xa que o colexio do Xardín do Posío xa estaba moi vello de feito eu estudie alí. Normalmente os colexios Divino Maestro están nas periferias das cidades e buscamos que barrio da cidade onde non houbera formación relixiosa e por eso nos decantamos polo 21.

- Varias cousas. O primeiro a clase de informática da ESO para ter mellores equipos e unha clase preciosa.

 ROUND 3   A PERSOA  

¿Por que decidiu vostede ser Misionera do Divino Maestro?

- Levaríame moito tempo explicalo pero resumindo diría que me enamorei de Xesús Divino Maestro. Gustábame moito ler e leía centos de libros ata que topei coa Biblia e encantoume, parecían cartas escritas para mín. E isto xunto a que me gustaban os nenos e o ensino levoume a ser quen son hoxe.
Canto tempo leva exercendo de profesora?
De profesora levarei uns 25 ou 30 anos xa que comecei traballando en campamentos e campos de traballo. Iba aos institutos e impartía tamén clases a adultos. Cos nenos levo 25 anos.

A que adica o seu tempo libre?

- Fago ioga cos alumnos de 2º de ESO e no tempo libre corrixo exames, preparo as clases para que sexan máis atractivas, tamén adico tempo a meditación e a oración e gústame ler, ver películas e tamén camiñar que me estou preparando para facer o Camiño de Santiago.

Posteriormente visionaron o video de talentos do centro, onde os escolares amosaron diversas habilidades tanto coa música como noutras facetas nas que son verdadeiros expertos. Antes de despedirse, tanto os co presentadores como a concursante amosáronse encantados coa súa experiencia en televisión.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma