Concurso "Jóvenes y Mayores" | Ganadores en la categoría de Redacción de segundo ciclo de Primaria

Avoa na rede

1º premio del segundo ciclo de Primaria. Olivia Iglesias Álvarez (Maristas)

Soa o despertador ás oito en punto da mañá, e levántome cunha cara que semella a unha criatura recén saída dunha peli de zombies. 

Cando saio do meu cuarto e chego á cociña, a miña avoa María xa está esperándome cunha sonrisa e o almorzo recén preparado. Mentres eu estou rematando de despertarme, ela da brincos por toda a casa facendo mil cousas: coloca a roupa, fai a cama, axúdame coa mochila..., non pode parar!. 

A miña avoa é moi divertida, e encántanlle as guerras de cosquillas. Cando eu saio do cole, ela xa está esperándome no patio para levarme ao parque e merendar un delicioso bocata de xamón que xa me tiña preparado. Encántame quedar a durmir na súa casa porque sempre podo almorzar todo o que lle pida. 

Todos os domingos, a familia reúnese para comer na súa casa. Un destes días, mentres comíamos un riquísimo cocido, a avoa María dixo: 

- Onde podo encontrar unhas boas laranxas?, estou farta de recorrer todas as froiterías da cidade e non atopar unhas laranxas decentes. 

- É verdade, a froita de agora non é coma a de antes, dixo a miña nai. 

- Avoa, dixen eu: e porque non as pides por Internet? 

- Que dís nena?, esta pequena debeu tolear... 

- Pero que é iso de Internet?, dixo a miña avoa. 

Eu expliqueille que Internet era coma un gran supermercado dentro do ordenador, e no que podíamos atopar todos os productos do mundo, e mercalos. 

- Pero Oliviña... como vai coller un kilo de laranxas nun ordenador?... 

- Non avoa non..., así non funciona... jajaja... pedímolas na rede e no las envían á nosa casa. 

- Rede?, de toda a vida a rede só serve para pescar peixe... e eu quero laranxas... 

- Jajaja, chorabamos coa risa. 

Collín o meu portátil e ensineille. 

- Mira avoa, para mercar as laranxas, o primeiro que temos que facer é abrir o Safari. 

- Ai, non non, de safaris nada que a min os animais salvaxes danme moito medo. 

- Noon avoa...; faise así. 

Entonces eu ensineille como se mercaba a través de Internet. Atopamos mais de dez millóns de resultados para “ mercar laranxas”. 

- Virxe Santa!, nunca vira unha froitería tan grande!...; e agora qué? 

- Pois agora temos que buscar as que mais nos gusten. 

Enseguida atopamos unha páxina web dun almacén de froitas de Valencia. 

- Estas, dixo a avoa. As de Valencia son as mellores laranxas do mundo. 

- Perfecto, agora so queda pedilas. 

Entramos na páxina e seleccionamos cinco kilos de laranxas. Despois puxemos a dirección da casa da avoa. 

- Agora só falta pagar... 

- Home, pois non van ser gratis... e por onde metemos os cartos no ordenador? 

- Avoa, non fai falta..., só temos que por o número da túa tarxeta de crédito. 

E así foi como a avoa María mercou por primeira vez a través da rede. 

Ao cabo de tres días chegaron unhas preciosas laranxas, ben colocadiñas nunha caixa, e a avoa preparou o mellor zume que probei na miña vida. 

FIN

Avó, a que xogamos hoxe?

2º premio del segundo ciclo de Primaria. Mateo Campos Guede (San Pío X)

Moitas veces o meu avó cóntame a que xogaba el cando era neno. A maioría dos xogos eran moi diferentes aos de agora, aínda que había outros case iguais e que  practicamente so lle cambiaba o nome. 

Nós, frecuentemente xogamos ás agachadas, e meu avó chamáballe “a maia”. Era o mesmo, só que en vez de ser un o que buscaba ao resto, era por equipos. As veces, nós xogamos a “polis e cacos” e el xogaba á guerra, que era parecido. Un equipo secuestraba a un membro do outro e tiñan que rescatalo. Parecía mais divertido! 

Xogaban á “billarda”. Consistía en golpear un pau con punta con outro pau, para  que saíra voando. Gañaba o que o lanzara mais lonxe. Ten moi boa pinta, unha mágoa que agora non haxa nada que se pareza a ese xogo. 

Tamén me di que xogaban ao aro. Consistía en mover un aro de metal cunha pequena variña. Había que movelo sen que caera ao chan en ningún momento. Creo que debía ser moi difícil, seguro que precisaban practicar moito... 

Os meus amigos e eu coleccionamos cromos de distintas series ou personaxes que nos gustan; meu avó dime que el coleccionaba cromos da liga pero o que máis lle gustaba eran as bandeiras que viñan nas caixas dos mistos. Era capaz de queimalos todos en cinco minutos só para ir comprar outra caixa. Probablemente a súa nai lle rifaba de vez en cando... 

Algo que non cambiou son os paseos en bicicleta. Tanto a el como a min encántanos saír a dar unha volta cos amigos e tamén botar algunha que outra carreira. 

A casa de meu avó quedaba moi cerca da vía do tren e había alí tamén a saída dun túnel. El cóntame que cando o tren saía no túnel xogaba cos seus amigos a botar unha carreira a ver quen chegaba antes á vía, se eles ou o tren, inda que sempre ganaba o tren... por que sería? 

A maior diferenza entre os xogos de meu avó e os meus é que el, ao xogar, podía estar case sempre fóra da casa, dado que vivía nunha aldea, mentres que eu ao vivir na cidade so podo estar fóra cando vou ao parque. Isto tamén fai que sexa diferente o tema das mascotas. 

Aos dous encántannos os animais pero eu só podo ter unha pequena tartaruga, mentres que el dime que sempre tiña can, gato e incluso que ía cos seus amigos a buscar niños de paxariños, que roubaban para despois metelos nunha gaiola. 

Unha das cousas que máis me sorprenden das que me conta o avó é que non tiña nin televisión nin videoxogos. A min paréceme que me sería imposible vivir sen iso! Eu pregúntolle como se distraía cando estaba na casa e non podía saír fóra, porque tampouco tiña tantos libros para ler como teño eu agora... 

Díxome que ás veces fabricaba xoguetes utilizando partes de verduras, de paus, de teas e outras cousas que atopaba pola casa. Recórdame aos Legos cos que eu trebello moitas veces... 

No inverno, co mal tempo, polas tardes non podo saír, entón entretéñome co meu avó e cos xogos de mesa. El ensiname a xogar ás cartas. Xa sei xogar á brisca, a escoba, ao tute, ao chinchón... E eu a el estoulle ensinando a xogar ao xadrez. 

No verán, como estou na aldea, pásoo xenial. Aí podo xogar case ao mesmo que el de neno. Fabrico espadas de madeira, constrúo pequenas cabanas nas árbores, descubro atallos polos bosques que están preto... 

A min parécenme máis divertidos os xogos de antes que os de agora, sobre todo porque estaban máis en contacto coa natureza. Agora xogamos demasiado dentro da casa coas consolas. 

Teño moita sorte de ter un avó que me poida ensinar estes xogos, e aínda máis de que xogue comigo!! 

A pegada do meu avó

3º premio del segundo ciclo de Primaria. Vera Rodríguez González (CEIP Julio Gurriarán)

Os nomes dos meus avós son Marina, Jose, Rosa e Manolo. Pero hoxe quero falar do meu bisavó José máis coñecido como Furgas, apodo que herdou do seu pai, osea o meu tataravó moi aficionado a andar furgando sempre na terra e de aí o sobrenome.

Unha vida moi interesante a do meu avó Furgas quedou orfo sendo tan só un rapaz de 17 anos. 

Fíxose cargo da súa irmá dous anos máis cativa, e no seu afán de ter unha vida mellor saiu cara ao estranxeiro con destino Brasil. Alguén lle dixera que era unha terra moi próspera e con moitas oportunidades. Colleu todos os aforros, e deixou á súa irmá a cargo duns parentes e foise á aventura. Tras varios días de navegación case un mes, pasando moitas penurias, pero ao mesmo tepo ledo porque pensaba que namais chegar atoparía un bo traballo, estaba cheo de ilusión e ganas e disposto a facer o que fora. 

Por fin chegaron a terra prometida Brasil; tras varias semanas na cidade sen atopar ningún traballo o meu avó Furgas púxose enfermo e pronto chegou a decepción, falta de esperanza, a fame, o medo; os poucos cartiños que levaba xa se esgotaran, non lle quedaba nin para comer, tran preocupante era a súa situación que despois dous días sen ter nada que levar á boca, decidiu vender unha gabardina que levaba posta, a cambio de encher a barriga. A mesma persoa que lle deu de comer ofreceulle un traballo de fregaplatos no hotel onde traballaba. A partir de aí a súa sorte comezou a cambiar, pasou polas cociñas, aparcacoches, camarero e chegou a ser xefe de sala dese mismo hotel. 

Na súa teima na procura dun mellor traballo e logo de aforrar uns cartiños comezou a traballar de albanel pola súa conta. Tras dunha casa construía outra e así levantou unha empresa de construcción, chegou a comprar un monte e construíu un pobo chamado Santo Cristo.

Foille tan ben que comprou unha flota de autobuses para facer o percorrido entre as praias e a cidade, tamén mercou unha fábrica de ladrillo.

Esquecín falar de que cando marchou a Brasil deixara unha moza á que prometera voltar a buscar e así o fixo, veu casou con ela e marcharon facer a súa vida a Brasil, tiveron tres fillos e unha vida chea de riquezas pero con moitas penurias por parte do meu avó para chegar a elas.

Aprendín que con traballo e esperanza podes acabar o que ti queiras. É unha pequena parte da súa historia pois fixo moitas máis cousas de regreso á súa vila, entre elas fundou outro pobo chamado “As Medas do Castillo” en Quiroga. Persoalmente o que máis recordo eu do meu bisavó Furgas era o bo que era e cariñoso, que lle gustaba moito estar con nós, como disfrutaba bebendo un vaso de coca cola acompañado dunha magdalena xigante e o seu prato preferido, patacas cocidas cunha lata de sardiñas por riba.

A verdade que na miña casa botámolo moito de menos e todos os días está presente.

A súa frase sempre era a mesma, “fillos aproveitade a vivir que a vida é moi curta”. Que gracia me facía a min que dixera iso un home cunha vida chea de aventuras e con tantos coñecementos. Querémoste avó.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma