XORNAL ESCOLAR

Inserción das persoas con autismo

No referente o emprego de cara a inserción das persoas con TEA poderiamos falar de tres tipos de categorías: Emprego protexido, emprego con apoio e emprego competitivo.

O traballo é unha Lei para todos, polo que non hai razón de deixar as persoas con TEA fora desa Lei. Non se pode concibir a verdadeira inserción socio laboral, senón é a  través do traballo. A orixe etimolóxica da palabra “traballo” non é certamente esperanzadora. Remítenos a termos como: dolor, sufrimento, tortura.

Ao marxe destas consideracións o traballo, para as persoas con TEA, ten que ser: significativo, verdadeiro, real, estruturado, de calidade, coherente e acompañado. O traballo proposto, debe en todo momento respectar as dificultades propias de cada persoa con TEA, e en calquera caso non debe ser imposto de forma brusca ou inoportuna. Traballo serio e rigoroso. Hai que axudar os nosos traballadores adolescentes con TEA a recoñecer o seu desexo. A que non teñan medo e a dar ese paso de: “Facer con a facer coa mirada de... Hai  propoñer e non impoñer...Hai que dar...e deixar coller”(Georges Soleilhet).

Desde o ano 1993, data no que inauguramos o Centro Castro Navás – Fundación Menela, para persoas adultas con Autismo ata hoxe, moito temos debatido e experimentado no percorrer concernente ao traballo para as persoas con TEA.

Os proxectos europeos HORIZÓN Castro Navás (1995-1997) e Autismo Galicia (1998 – 1999), realizáronse de cara a integración social e profesional das persoas con Discapacidade. Consistían nunha Iniciativa de Emprego e Desenvolvemento de Recursos Humanos de cara a formar monitores laborais de acompañamento e formación de persoas con TEA. De estes proxectos, desenvolvéronse e consolidáronse obradoiros agropecuarios e servizos (lavandería) no Horizón II e hostalería e saúde integral (fisioterapia) no Horizón III. Mesmamente foi creada ante a imposibilidade do emprego directo nunha empresa normal, crear a través de Fundación Menela a nosa propia empresa Castro Navás S. L. (1998) co obxectivo de organizar actividades económicas coa finalidade de fomentar a inserción.

No referente o emprego de cara a inserción das persoas con TEA poderiamos falar de tres tipos de categorías: Emprego protexido, emprego con apoio e emprego competitivo. Nos centros para adultos que coñécemos en Galicia, salvo determinados casos é o emprego protexido e con apoio o que esta máis desenvolvido.

Certo é, que a través das Traballadoras laborais, que realizan as súas tarefas nos centros de adultos para persoas con TEA, téñense conseguido traballos e contratacións en distintas empresas p. ex. na cidade de Vigo. Pero tamén hai que dicilo, a pesar dos esforzos que se teñen feito, sempre son traballos de tempo limitados polo que en termos xerais, as persoas con TEA deben volver o traballo protexido que os centros estamos a ofrecer.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar