XORNAL ESCOLAR

Os nenos de Verín camiñan "entre rúas e contos"

contacontos_result
photo_camera Un grupo de nenos e nenas participando nunha actividade de contacontos.

A actividade de animación á lectura, organizada pola Biblioteca do Concello de Verín, será este vindeiro venre

“Entre rúas e contos” é un itinerario cultural no que se le camiñando. Unha actividade para descubrir recunchos das nosas vilas e gozar con fermosos contos. Pero tamén un xogo no que un gran dado decidirá que conto imos escoitar….
Actividade que se inicia e remata na Biblioteca Muncipal de Verín, pero visitará distintos recunchos da vila.

Será o vindeiro venres, 18 de maio, e comezará ás 18:00 horas e rematará ás 19:30h. Esta actividade está pensada para os socios da biblioteca con idades comprendidas entre os 3 e os 9 anos. Precisan inscrición previa que xa a poden facer dende este luns.
A actividade está organizada pola Biblioteca do Concello de Verín. Colabora a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, educación e Ordenación Universitaria

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar