Lixoteca

Ó ritmo das maracas

photo_camera Con unos sencillos materiales podrás hacer unas divertidas maracas con las que marcar el ritmo.
Esta semana imos comezar o terceiro trimestre a ritmo de cumbia con estas sinxelas maracas. Para facelas tan só necesitarás: dous ovos de chocolate, catro culleres de plástico, arroz, cinta decorativa e tesoiras. Como ves, son cousas moi fáciles de atopar e, de paso, poderás merendar…

O primeiro paso será o máis doce e divertido de todos, pois antes de nada necesitamos abrir os ovos de chocolate para sacar o oviño de plástico que contén o regalo. Non esquezas compartir un dos ovos con alguén… Pero deixa a un lado o xoguetiño que trae dentro para seguir elaborando as maracas.

Cando o teñas baleiro, pásalle un trapiño por fóra para eliminar calquera rastro que poida haber de chocolate. Colle o arroz e introduce un puñado en cada un dos ovos. Éncheo máis ou menos pola metade para que os grans teñan sitio dabondo por onde moverse e soen ben.

Se xa o tes podes pasar ó seguinte paso, que é darlle forma ás maracas. Colle dúas colleres e colócaas enfrontadas entre si cun dos ovos no medio. Se ves que non encaixan, trata de atopar unhas culleres algo máis grandes, pero tampouco te preocupes demasiado por isto porque…

…imos poñer bastante cinta decorativa arredor delas para que non caia o oviño mentres tocas os teus ritmos. Pon outra pouca arredor dos mangos das culleres para que che sean máis cómodas de manexar.

Unha vez que repitas o proceso nas dúas maracas, xa está todo listo para que poidas comezar a practicar os teus ritmos favoritos. Como ves, facer estas maracas é moi sinxelo, os materiais son moi doados de atopar e garantízache horas de diversión. Así que, xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante