Xornal Escolar

Petición á Real Academia Galega

photo_camera Alumnos del CEIP Filomena Dato.

No Ceip Filomena Dato están a traballar para que o día das letras Galegas 2016 sexa adicado á poetisa que lle da nome

O centro pediulle a Real Academia Galega que o próximo ano se lle adique a Filomena Dato o día das letras Galegas. Os alumnos do Ceip Filomena Dato convídannos a visitar o seu colexio. Os nenos de 3 anos cantaron unha canción coas súa mestra. A biblioteca é o lugar máis máxico do colexio, onde len libros e xogan cos ordenadores. Os axudantes da biblioteca preparan a mochica viaxeira, recollen libros, entregan os libros aos nenos para que lean e organizan actividades como ver películas. Ensináronnos unha mostra de actividades e a mascota da biblioteca.

En 4º de primaria imparten educación artística en inglés, e puidemos ver os traballos que realizan. En educación musical, unha aula con moito ritmo, sorprendéronnos cunha gran actuación. Coñecemos a Lola a orientadora do centro, fai un seguimento dos alumnos para resolver as dificultades. As instalacións deportivas son un pilar fundamental do centro. Teñen xardín e un planetario.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar