Imprimir

O Consello Regulador pide axuda á Xunta contra o xabaril

Redacción | Ribadavia | 15 de noviembre de 2019

os propietarios destas explotacións poden acceder ás dúas ordes de axudas

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida do Ribeiro colaborarán para difundir e informar aos titulares de explotacións vitivinícolas afectados polas incursións de xabarís sobre os distintos tipos de axudas que ofrece a Xunta co fin de prever e paliar estes danos.

Así o acordaron a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e o presidente do Consello Regulador, Juan Casares, que mantiveron unha xuntanza para falar da preocupación que está a xerar entre os viticultores os destrozos ocasionados pola presenza desta especie nas súas plantacións.

Do Campo explicou que os propietarios destas explotacións poden acceder ás dúas ordes de axudas: unha delas para a prevención de danos ocasionados por certas especies de fauna salvaxe; e a outra, para paliar os danos que provocan.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección https://www.laregion.es/articulo/o-ribeiro/consello-regulador-pide-axuda-xunta-xabaril/20191115100100906745.html


© 2020 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons