Opinión

Luis Aguilé, na lembranza

Cando era un rapaz e por un tempo pensei que Luis Aguilé era cubano. Supoño que sería porque cantaba aquela fermosa canción ‘Cuando salí de Cuba’. Naqueles anos, Aguilé era un referente na música lixeira e meteu os seus discos do xeito máis natural nas listas de éxitos nas que arrasaban as cancións yeyés e el xurdiu como un dos máis famosos cantantes da época. ¡Quen non lembra as actuacións de Luis Aguilé na televisión e ademáis en todo tipo de programas! A iso podemos engadir, o seu éxito nas festas, guateques e en calquera... manifesto musical surtido coas cancións do cantante arxentino. Sen dudalo, Aguilé e Roberto Carlos eran os dous músicos sudamericanos máis famosos e coñecidos e as suas cancións foron referente nas salas de festas e discotecas dos anos 60 e xa nos primeiros dos 70 nos chamados clubs dos que na nosa cidade foron referentes, Café Club e Tamanaco. Alí soaron, para unha clientela composta por solitarios noctámbulos e na sua meirande parte por parellas que buscaban un sitio tranquilo, as fermosas ‘Eu daría a miña vida’, ‘El gato que está triste y azul’ ou ‘Ana’, todas elas de Roberto Carlos, e, como non, ‘Te quiero’, ‘Es el sol español’, ‘La Chatunga’, ‘El tío Calambres’, ‘Miguel e Isabel’ e a inevitable ‘Cuando salí de Cuba’, do personalísimo Luis Aguilé. Luis María Aguilera Picca era o seu nome de pía e tiña nestes intres 73 anos e o certo e que coa sua ida o cantante dos chapeaus, das longas e extranas garavatas e enormes americanas, a min seméllame que algo moi importante da miña xuventude se alonxa, coma outras cousas, para sempre e que xa nada será coma cando Luis Aguilé saía cantando de lado con chapeau, bastón e pasiños o compás de ‘Juanita banana’ ou ‘Es una lata el trabajar’.



Te puede interesar