Opinión

A bolboretiña do día | Badocos e túzaros

 

Pois aínda que non llo pareza, estas dúas palabras son privativas do galego. O badoco sinala o dicionario que é aquel “que se comporta con pouca delicadeza ou sen gardar certas formas”. O curioso é que a palabra aparece só en 1934 da man de Risco,  logo noutros escritores de Ourense, como Celso Emilio ou Blanco Amor, e despois, en moitos outros. Tamén túzaro. Para túzaro dá dous significados o dicionario. Eu coñezo máis ben o segundo (“persoa bruta e pouco razoable”), pero non o primeiro, aínda que me parece difícil de distinguilo (“Persoa a quen non lle gusta relacionarse coa xente e que é difícil de tratar”). Nos dicionarios bilingües tradúceno neste primeiro significado por “huraño” ou “hosco”. Para a primeira prefiro eu tímido ou insociable e para a segunda, malhumorado, repunante. Ao  vello e comedido sabio ourensán, Emilio Duro Peña, uns correctores moi académicos chamáronlle “túzaro” nun escrito de presentación dun libro, e a moitos nos pareceu mal.

Te puede interesar