Opinión

Cousas increíbles

En plenas fiestas do Nadal, chuvia e friaxe non acougaron. Un día deses mirei pola fiestra e vin que unhas febles raiolas de sol tentaban quentar o ambiente.


Non dubidei un intre e boteime a camiñar polas rúas da Coruña. Ós poucos minutos, unha tromba de auga e saravia obrigáronme a entrar nunha cafetería.


¡Póñame un café ben quente! -pregueille ao camareiro.


Cando estaba apurando o café, vexo que un antigo coñecido meu, desde unha mesa, aceneábame para que me achegara. Fíxeno axiña.


Alonso entréitame a man e escomenzamos a parolar. No curso da conversa, dime: -Bótalle unha ollada a estos oito sobres que remato de coller no meu apartado.


Así o fixen, pero nun principio non me decatei do tema.


-Pois mira, cinco cartas veñen de fóra de Galicia (Soria, Zaragoza, Vitoria, Oviedo, León), todas elas poñen na dirección A Coruña; éstas véñen de aquí (Ourense, Vilagarcía, Ponteareas); escriben La Coruña.


Cómo calificarías tí iste detalle? -Masoquismo non sería o calificativo axeitado? Alonso sonriu e ámbolos dous rematamos a falar mal do tempo.



Te puede interesar