Opinión

Xoán, o evanxelista

“Xa que amara os seus, amounos ata a fin” (Xoán 13:1)

Xoán, cando describe a última cea de Xeús cos discípulos, di que os amou mais alá de todos os límites; ata onde non era posible amar máis, e iso é moito dicir, tratándose de Deus! Ese é o tema do seu evanxeo, o amor ilimitado do noso Creador.

O máis mozo de todos os discípulos foi o que nos deixou máis conversas de Xesús con moitas persoas diferentes. Amaba profundamente o seu Mestre e estaba sempre pendente das súas palabras, por iso as lembrada a cada momento.

De feito, Xoán foi capaz de resumir toda a mensaxe da Biblia nunha soa frase: “De tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, Xesús, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16)

Te puede interesar