Opinión

Normalidade

Tal día coma onte de hai 28 anos, tamén luns, un tal Tejero que acabou formando parte do esperpento diste país, entraba no Congreso dos Deputados cun lote de gardas civís para anunciar o fin da apenas estreada aventura democrática. Era a punta de lanza dun golpe de estado dun nutrido grupo de militares, ainda que logo foron achicándose ó saber que o Rey estaba en contra da asonada.


Era tamén, tempo de entroido, ainda que visto como se desenrolaron os acontecementos, a presencia do bigotudo ex teniente coronel acabou como faz nas caretas, disfraces, ridiculizado por comparsas e chirigotas o domingo seguinte, primeiro dos días grandes da popular festa.


Dende entón pasaron moitas cousas niste país, entre elas o asentamento e normalización da democracia, ata o punto de que cada 23-F -aínda ca gravidade que aquelo tivo- é só unha data máis, na que a sociedade fai a sua vida e está pendente dos asuntos que lle son propios, malia que se rexistren acontecementos como a dimisión dun ministro de Xustiza.



Te puede interesar