Opinión

EDUARDO BLANCO AMOR

Oautor de 'La Catedral y el niño' chegou a Ourense onde creía que ó chegar a Ourense ían estar as autoridades e a Banda de Música na estación para recibilo, logo de moitos anos na Arxentina. Mais non foi así, e nos seus escritos en La Región deixaba moitas veces a súa amargura por que ninguén o saudaba polas rúas ourensáns.


Cando finou Don Vicente Risco quedou baleira a silla de Cronista Oficial de Ourense, e un grupo de intelectuais propuña a Blanco Amor como sucesor. Mais quen enriba firma fixo unha moción en galego -coido que a única na dictadura- propondo a Don Ramón Otero Pedrayo, que foi aprobada por unanimidade. Blanco Amor chamáballe a Don Ramón nas súas tertulias 'A vaca sagrada'.


Un día presentóuseme no Concello para ver si lle mercábamos unha boa morea dos seus libros. E ahí escomezou a miña amizade con este grande novelista. E quero contar unha anécdota que me sucedeu sendo presidente de Festas e de Cultura do Concello, cando era tenente alcalde.


Fixemos a Comisión das festas, coa axuda impagáble do amigo Anxo, unha exposición de pintores nunha das salas do Museo Arqueolóxico. E dixo que sí. Mais un dos días en que estaba a vela, Blanco Amor discutiu acaloradamente con Manuel Prego de Oliver sobor dun dos cadros que expuña o grande pintor ourensá. E rematou a conversa como o rosario da aurora.


Blanco Amor chamou ao Anxo para lle dicir que non pronunciaba a conferencia de clausura. O Anxo veume ver ao meu traballo e darme a mala nova, e díxome: '¿Qué facemos, e a quén levamos a pronunciar a clausura dos pintores?' Eu dubidei uns minutos, máis díxenlle ao Anxo 'vamos a pedirllo a Don Ramón Otero Pedrayo'. O Anxo puxo unha faciana que era todo un poema. E chegamos ao piso de Don Ramón na rúa da Paz. Dona Fita invitounos, como sempre, a unhas copas de Oporto -que Don Ramón tamén degustaba-, e preguntounos o motivo da visita.


Eu que tiña moita intimidade co mestre de Trasalba díxenlle o que pasaba, e Don Ramón respostoume 'Ah!, o Eduardo está doente'. Pois eso foi a disculpa que lle puxemos para lle pedir que fose il o que clausurara a exposición de pintores. Don Ramón, bó e xeneroso como sempre, díxonos: 'A que hora é a clausura?'. E dixémosllo. E alí veu o grande, bó e xeneroso mestre de Trasalba, que deu unha conferencia como tódalas súas, fermosísima.


Logo de o acompañar o Anxo e máis eu ata a súa casa, eu pregunteille ao Anxo: '¿Ti que cres, que o Blanco Amor houbera feito o mesmo que Don Ramón?' O Anxo espetoume con un non rotundo. Ese era o mestre de Trasalba, que cando íl falaba Galicia púñase ao escoitar.


Logo tiven como 'cliente' a Blanco Amor no Hospital Santa María Nai do que eu era xerente, e que o trataba o doutor Montero da doenza do corazón. E logo da consulta levábao ata a 'grileira' -como il lle chamaba ao apartamento perto do Miño e da vía do tren-. E tiña que pagar do meu bolsillo os medicamentos, pois Blanco Amor non andaba moi ben de cartos que dixéramos.


E cando finou en Vigo, trouxérono para o Hospital ata que o levamos ó capelán, don Arturo, e mais eu, nun coche fúnebre ao Concello, de onde saíron os seus restos mortais ata Santa Eufemia, onde tiveron lugar os funerais polo grande escritor e novelista don Eduardo Blanco Amor. Que coido -ésta é unha opinión miña- coa tristura de que Ourense non lle reconocera os méritos que sen dúbida tiña.

Te puede interesar