Opinión

LIBERAIS E SOCIALDEMÓCRATAS

Temos nas Españas un bipartidismo -PP e PSOE- que se turnan cada vez que hai comicios. Os do Partido Popular presumen de liberais, e os do PSOE de socialdemócratas, inda que en realidade pouco se diferencian uns dos outros.


O liberalismo que hoxe nos goberna -é un decir- de feito coloca os homes nunha situación de conflictividade permanente cos demais homes, coloca a maioría a merced, na loita pola supervivencia, da minoría que detenta bens suficentes e sobrados para resistir e impor os seus criterios e intereses individuais.


Estamos a ollar e padecer de cotío folgas, despidos a feito e peche de empresas. A libertade económica supón unha suxestión do desenrolo político e económico, e polo tanto a suxección das clases políticas que controla o desenrolo económico. Asemella, si a libertade quere dicir creación, que as metas económicas que se veñen impondo ao crecimento social non representan ningún valor creativo nin humano, senón meramente un crecemento cego e cada vez máis esclavizante.


Todo esto estámolo a ollar e padecer nas Españas cos seis millóns de parados, e non todo pola culpa da crise mundial ¿Serve iste modelo para sair da crise e crear máis emprego a corto prazo como asegura Mariano Rajoy? Xa se ollará. Pra clase traballadora, perde garantías con respecto, sin ir máis lonxe, ao franquismo, onde tiña asegurado o posto de traballo, máis cerecía da folga que é lexítima cando se agotan tódolos medios de diálogo pacífico. A folga e un recurso máis, non unha solución permanente, pode que sexa nun intre especial.


¿Cal e pois a solución? Dende o meu punto de vista, habería que partir dun plantexamento político que supedite a estructuración socio-económica da sociedade ao desenrolo político, e ao traveso se as súas propias metas democráticas e humanistas.


Existe pois hoxe a explotación do home polo home. O papa Francisco está a denunciar esa explotación. O liberalismo do Partido Popular é unha volta ao século XIX. Outro día falaremos da socialdemocracia do PSOE, que resumendo, ben a ser o 'amaestramento' da clase traballadora, en beneficio da clase dominante. Esí pois o PSOE de socialismo nada de nada, xa que logo, tanto Felipe González como Rodríguez Zapatero cargáronse o berce que predicou Pablo Iglesias. Felipe González privatizou empresas e como dixo no seu viaxe a China: 'Da igoal que o gato sexa branco ou preto, o caso e que cace ratóns'. Pois fixo bo que o fin xustifica os medios.

Te puede interesar