Opinión

Méndez Ferrín

Méndez Ferrín. Máis de 30 anos nas aulas: ‘un observatorio magnífico para ver a evolución de hábitos, modas, músicas, tendencias da mocidade, pero tamén para comprobar que hai cousas que non cambian coas xeracións. A rebeldía, o descubrimento do amor, os desánimos profundos e a forxa do carácter son eternos’. Son palabras, nun xornal galego, do noso egrexio escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, que nestes días entra nesa etapa de xubíleo ou xubilación que o arredará das aulas do Instituto Santo Irene de Vigo. Polas clases do escritor ourensán, nacido na rúa de Reza o 7 de agosto de 1938 (na casa que se tirou para facer a sede da Academia Postal), pasaron centos de mozos, entre eles moitos escritores e científicos, tamén o poeta González Tosar que hoxe presenta ‘Estúrdiga materia’ en Auria. Ferrín debería escribir agora, de vagar, sobre ese tempo e a lembranza dese seu maxisterio.



Te puede interesar