Opinión

PAN POR PAN

Prediccións. Seica esoutro día, nunha tertulia, Carrillo falou dos horrores do século XX: dúas guerras mundiais, o nazismo, os totalitarismos, etc. Segundo me contan, mesmo se atreveu a entrar no campo dos futurólogos, pois anunciou o seu temor de que o século XXI no que vivimos sexa moito peor. Pode ser. Pero, no campo da política, facer de adiviño é un risco xigantesco: quen lembra, por exemplo, a Fukuyama e a súa tese sobre o fin da Historia? Warren Wagar, historiador norteamericano, avanzou nun seu libro un holocausto nuclear para o 2044, que destruiría Norteamérica, Europa e a India, así como o 70 por cento da poboación do mundo. Oxalá se equivoque, claro: eu preferiría non velo. No canto XX da Divina Comedia, Dante mandou ós adiviños ó inferno: alí estarían co pescozo e cabeza retortos cara atrás, pola falsidade das súas visións. E Dante era un tipo moi listo.

Te puede interesar