Opinión

PAN POR PAN

Mediados dos 60. A mediados dos anos 60 o galeguismo entraba nunha nova etapa: nacían partidos novos, nacionalistas e marxistas, e tamén novas asociacións culturais. Méndez Ferrín escribía, en 1965, unha ‘Carta a un católico gallego’ pedindo a introducción do galego na liturxia. Ben-Cho-Shey foi un dos máis constantes nesa demanda e apelaba con acerto ós ditados do Concilio Vaticano II para xustificar esa demanda: se a Igrexa non o fai así, dicía en 1966, será unha Igrexa ‘clasista e deixa de ser católica ou universal para ser a Eirexa dos ricos, dos señoritos e dos que mandan’. Cara 1968, en Ourense e noutras cidades permítese por vez primeira misar en galego. Pero houbo posicións moi reticentes como o bispo Guerra Campos, que escribiu ós outros bispos pedindo cautelas neste tema. Seica chegou a dicir naqueles días: ‘Yo no me presentaría ante Dios en alpargatas’.

Te puede interesar