Opinión

PAN POR PAN

Lugar do canto. Xesús Rábade Paredes axuntou poemas escritos con trinta anos de diferenza, dende ‘Xuntos cara ó mañán’ (1969) ata ‘Poemas do aire’ (2007): un reto difícil pois son moitos anos para manter a unidade dun rexistro poético. Pero Rábade supera o reto. A súa voz mantén a fidelidade ás raíces e o seu libro de poemas resulta, ó cabo, un libro unitario. Un libro onde o amor ten presenza substancial, no apartado ‘A cerva branca’, con poemas tan fermosos como ‘Ronsel quixera serche de esperanza’ ou ‘Porque así te aprendín e así te quero’. Versos de acenos elexíacos (‘De Tristia’) e poderosas imaxes como esa nai horrorizada ante o fillo que xoga na escola ó ritmo dun desfile militar. Poesía que reflexiona sobre os silencios, o paraíso da infancia e as mudanzas do vivir. E sobre a forza da Palabra: ‘De todo o que soñei xa case só me queda/ a íntima beleza dunhas cantas palabras’.

Te puede interesar