Opinión

PAN POR PAN

Cidade de cine. Seguro que moitos espectadores de ‘Los girasoles ciegos’, a película de Cuerda, se sorprenden ó encontrarse na pantalla coa súa cidade. Vimos eses decorados cando a rodaxe e agora constatamos que están perfectamente integrados nun espazo urbano marcado pola Praza Maior, a Praza do Trigo e os seus arredores, ademais do poderoso plano do retablo de Santo Domingo que abre e pecha a cinta. Hai que agradecerlle a Cuerda traer o relato de Alberto Méndez, ambientado na rúa de Alcalá de Madrid, ata a vella Auria romana, pechada cidade de posguerra. O traslado funciona. O clima represivo no Ourense de 1940 non foi diferente. Aquí tamén houbo mozos poetas e comunistas, como Manuel Gómez del Valle, fusilado o 11 de agosto do 36 en San Francisco: nin puido intentar escapar polos montes da raia. E habería algún diácono como Salvador, nome ben irónico por certo?

Te puede interesar