Opinión

PAN POR PAN

Camilleri. O escritor, director teatral e guionista italiano Andrea Camilleri (1925) gañou o segundo Premio RBA de novela negra con ‘O crimen de Garlasc’. Lin hai unhas semanas unha das súas novelas máis famosas ‘A pensión Eva’, traducida ó galego en Galaxia hai dous anos e moi recomendable. Ambientada na Italia da segunda guerra mundial, é unha historia de adolescentes (novela de iniciación) con todo o sabor da literatura e o cine neorrealistas: o ‘Amarcord’ de Fellini podía ser un referente. ‘A pensión Eva’ trata da vida nunha casa de prostitutas, pero os personaxes que a habitan non están faltos de dignidade. Mesmo están vistos cunha mirada humanista, moi propia do neorrealismo. Nada que ver con esa muller que inicia agora a súa carreira na tele contando as glorias do seu mozo maltratador e que deixou en coma ó home que quixo defendela: non pagaba a pena facelo, non.



Te puede interesar