Opinión

Paul Lafargue.

Preguiza. Releo un libro curioso. Que empeza así: ‘Unha estraña paixón invade ás clases obreiras dos países nos que reina a civilización capitalista; unha paixón que na sociedade moderna ten por consecuencia as miserias individuais e sociais que dende hai dous séculos torturan á triste Humanidade. Esa paixón é o amor ó traballo, o furibundo frenesí do traballo, levado ata o esgotamento das forzas vitais do individuo e a súa proxenitura. En vez de reaccionar contra esta aberración mental, os curas, os economistas e os moralistas sacrosantificaron o traballo. Na sociedade capitalista, o traballo é a causa de toda dexeneración intelectual’. Teses radicais e discutibles de Paul Lafargue. Pero é certo que grandes civilizacións como a Grecia de Fidias, Aristófanes e Aristóteles desprezaban o traballo: iso era só para os escravos. Pensarei nisto, exercendo o meu Dereito á Preguiza: ata setembro.



Te puede interesar