Opinión

Rescaldos

Os días de lecer garanten unha certa ilusión de arredamento: a capacidade de ver o mundo dende fóra. Como se a vida se parase. Pero non para, non. O mundo segue a moverse. O horroroso accidente de Barajas encheunos a todos de preguntas: as respostas que a investigación está a dar non son moi compracentes coas autoridades desa compañía aérea. Ese avión nunca debeu despegar. E no mundo, os aires da traxedia leváronnos ata Xeorxia. A lei da forza é a que invocou a Rusia de Putin para invadir terras xeorxianas amosando a grotesca chulería do Exército ruso. Putin non entende os nacionalismos, nin sequera en Osetia do Sur e Abjazia. Velaí a súa política criminosa en Chechenia. Rusia actúa só en función dos seus propios intereses estratéxicos, económicos e militares. Ó servizo de grupos mafiosos e criminais que controlan os negocios do tráfico ilegal de armas, persoas e narcóticos.



Te puede interesar