Opinión

O BALÓN DE OURO

Cada vez que se acerca a data da concesión do Balón de Ouro futbolístico, son incontables as diferencias de criterio a favor ou en contra de tal ou cal xogador. A infinda variedade de argumentos contrapostos, por parte dos encarregados de votalos, coido que vén dada polo mal manexo na conxugación dos verbos estar e ser. O verbo ser conleva un intrínseco valor de permanencia ou invariabilidade. O verbo estar é de natureza variable ou transitoria. Por exemplo, non é o mesmo 'ser groso ca estar groso', 'ser enfermo ca estar enfermo'.


Deixando a un lado a política, que a hai, a filosofía da concesión do citado trofeo era a de darllo a un xogador que, con il como emblema, e coa súa aportación e liderazgo, posibilitara que o seu club acadara un determinado número dos máis importantes logros deportivos no trascurso dunha tempada oficial de competición. Isto fixo que poidera acadalo, por exemplo, o inefable Cannavaro. Iesto foi así porque estivo a un grandísimo nivel en determinadas confrontaciós. Isto mesmo foi o que ocurriu no primeiro Balón concedido a Leonel Messi.


No segundo que recibiu este xogador, ningún pode esquecer a faciana de sorpresa que puxo cando o nomearon ganador. Tod-o mundo recoñeceu que quen realmente o merecía era o seu coequipier Xavi Hernández. Mais a poderosa maquinaria publicitaria de/do Barcelona convenceu a todos de que había que darllo ó que é millor, non ó que estivo millor.


O mesmo aconteceu co terceiro que, cando todos estaban dacordo en que sería por merecementos pra Iniesta, Xavi ou, no seu defeuto, pra algún outro xogador dos que xogaron o Mundial, viron como a mesma maquinaria impuxo o verbo ser coma o verbo de moda. Pódese dicir que 'no pecado foille a penitencia', porque o Barça podía ter nesa data tres Balós de Ouro 'polo precio de un', algo inaudito en xente que, de sempre, tirou polos xogadores nativos e por mais que o acadara un xogador dun club catalán.


Co cuarto pasou o mesmo. Non se trata de facer comparaciós con outros xogadores que poideran merecelo máis, pero si hai que dicir que, como soio se conxuga o verbo ser e a Messi nomeárono coma que é o millor, ganaraos todos, mentres se non retire ou xurda outro que o descabalge do admirativo e visceral sentir xeral. A non ser que algén se decate de que estar e ser non é o mesmo e se volva ó sistema que o sentido común aconsella, xa que de sentido común é que ningún está millor do que os outros eternamente.

Te puede interesar