Opinión

o becerro

Dous bos amigos foron de caza a Castela, a unha finca desas que teñen moita caza e mais cobran dabondo por cazala. Foron, mentres durou o viaxe, chamándose chambón un ó outro, e fachendeando cadaquén do que ían facer e acontecer pra convencer ó outro de quen era millor tirador. Dunhas noutras, acordaron facer unha aposta e conviñeron en que cada un carregara a caza que matase o outro. Así o fixeron e, polo medio da mañá, o que matara mais, tres perdices e unha lebre, ía moi ledo e burlón, coa perdiz io paspallau que chimpara o colega.


O que ía mais cargado polo peso e mais pola carraxe das 'coñas' do outro ollou, ó ir camiñando, unha vaca cun chotiño pequeno, que estaba a pacer tranquilamente. Vela e virlle á cachola a trasnada foi todo un. Nin curto nin pregizoso, votou o ferro á faciana e, de dous tiros, chimpou ó probe do tenreiriño.


O colega, en véndolle facer isto, deu en chamarlle de todo o habido e por haber, dende tolo a criminal; mais o outro, co sorriso do demo nos beizos, díxolle: 'Déixate de lerias e carreta, como carreto eu. E da gracias de que somos amigos e apréciote, porque, sinon habíache matala vaca pra que soubeses o que é carrexar duro'.

Te puede interesar