Opinión

Bilingüismo

Cando se escomenzou a falar o ‘sermo rusticus’, unha caste de latín deturpado, soio usado oralmente, e que sería a orixe das linguas romances, tódolos escritos oficiales eran feitos en latín e fórono por moito tempo. Sucesos coma o traslado da Corte, a publicación da Gramática de Lebrija ia oficialización do castelán ocasionaron, no que ó galego respeuta, que castelán e galego acadaran un ‘equilibrio sui generis’ por mor do que o galego representaba a lingua do sentimento ia relación humana, hastra hai pouco tempo consevada oralmente, e o castelán a lingua da oficialidade, a dos documentos. Ambas, usadas como linguas vehiculares, indistintamente e de xeito fluído, formando o que se podería definir como un ‘bilinguismo armónico’. Non debemos esquecer que non é o mesmo falar das linguas, dende o berce, que falalas dende o estudo, aínda que iste axude a coñocer e valorar máis o idioma estudado. Isto bótase bén de ver na paradoxa que se da no noso ámeto. O galego, a pesares de ser unha lingua ‘propia de Galicia’, non é falada, nin escrita, aínda que, mesmo coma no castelán, se escribe como se fala, nin coñecida por tódolos galegos. O castelán, pola contra, é coñecido, falado iescrito, analfabetismos aparte, pola totalidade dos galegos. Polo tanto, por moito que queiramos negala evidencia, temos que recoñecer que o galego é ‘nosa lingua’ io castelán é ‘a lingua’.


Os galegos temos a sorte de que, por unha banda, o castelán sírvenos de neso de unión coa fala ia cultura de centos de millóns de persoas espalladas polo mundo. Por outra banda, o galego, lingua musical por escelencia, tamén nos permite a comunicación non so cos países lusófonos si non tamén cos de outras linguas romances. Basta, como exemplo, a semellanza que gardan entre si o galego io italiano, tanto en vocabulario coma en prosodia, que le vén dado por ser as dúas máis parecidas ó latín. O PP. Sarmiento dicía que o seu coñecemento do galego valíalle pra axudar a investigadores e linguistas, amigos seus ou colegas, a crarexar dúbidas sobor de raíces, étimos, etcétera, latinos e mesmo pre romanos, non doados de atopar noutros idiomas.


Un profesor de latín que nos deu clases no colexios dos PP Salesianos, natural de Palencia, ficaba coma en trance cando oía falar en galego ós familiares dos internos cando os viñan visitar. Dicía que aquela prosodia tiña que ser, con seguridade, moi semellante, de non ser igual, a que tiñan os latinos antergos. Hai que suliñar que aquil galego non tiña moito que ver co que se nos quere impoñer hoxendía e que se non sabe moi bén que número fai na ringleira de ‘galegos’ que se foron superpoñendo dende o comenzo da Normativización.


Xa todos sabemos que os que manexan o cotarro linguístico teñen tanto interés pola pureza da nosa lingua como pola primeira camiseta que puxeron. Que a ven coma unha vaca que mungir. Que, normalmente, saben máis de literatura que de lingua. Que acostuman a confudir ‘literatura galega’ con ‘literatura escrita en galego’. Que a empregan como arma política, como bandeira de adoutrinamento e confrontación, buscando un estéril iempobrecedor monolinguismo, que soio é bo pro control e dominio de masas. Que tódalas linguas son igual de respetables, mais, a importancia de cada unha vén dada polo número de falantes ia influencia que pode ter sobor das demáis. Que falar dúas linguas é como ter dous traxes. Millor ter dous ca un. Que a imposición, precisamente, é o que máis perxudica ó galego.


Tódolos que teñan viaxado a países estranxeiros, ou mesmo a Cataluña ou Euskadi, coñecen a sensación de impotencia e desamparo que a falla de entendemento orixina. Hoxe, cando se reúnen os colegas da Galeuscat, suponse que terán como idioma vehicular o castelán. Mais, si algún día, hipotéticamente, se chegara a acadar un monolinguismo total nas tres ‘naciós’, terían de levar, pra entenderse, unha caterva de intérpretes. Clar que, coma sempre, os xerifaltes destas movidas mandan ós seus fillos ós colexios de elite, con preferencia ós estranxeiros.


Na miña familia, coma noutras moitas, cada vez menos, falamos todos galego, polo que non debemos de ser sospeitosos. Polo tanto, sentímonos acreditados pra dicir que o dereito de falar o idioma que un queira é un dereito fundamental das persoas. Que o conculcalo é ilegal, a mais dunha prevaricación. Que é empobrecedor e que vai á contra dos intereses das persoas e, polo tanto, da sociedade. Que certa parte desa xuventude que parece divertirse ‘decorando’ as paredes alleas con mensaxes escritos con ortografía pseudo lusa, asemellan ser grafiteiros portugueses que se ‘pasaron de frenada’.



Te puede interesar