Opinión

O crucifixo

O crucifixo é a representación plástica e interorizada, por escelencia, do símbolo dos cristianos, a Cruz. Representa o summum da xenerosidade divina, da súa maxestade e do seu chamado e infinda misericordia. Dende o século IV, se non coñece ningunha obra cristiá, física ou inteleutual, en que a Cruz non esté dalgún xeito, esplícita ou implícitamente, presente.


As escolas de Hespaña, dacordo coa confesionalidade do Estado, sempre tiveron, agás certos ramalazos librepensadores, crucifixos pendurados en cáseque tódalas aulas de tódalas escolas, cecais coma un xeito de recordo e gratitude ós mosteiros que, coa advocación da Cruz sempre presente, conservaron e, despois, espallaron a cultura que foi o xérmolo da nosa civilización. Mesmo era tan cotiá o velos que era como si formasen parte da paisaxe e pódese dicir que pasaban inadvertidos o máis do tempo.


Agora, parece ser que un xuíz, resolvendo a denuncia dun pai que di que o crucifixo da escola lle ocasiona carraxe á súa filla (en realidade é a il, e amosa o grado de adoutrinamento ó que se pode chegar) sentencia a retirada dos crucificos da escola. O mais curioso do caso é que a nena do conto, ó parecer, forma parte do elenco do colexio que vai representar nas Navidades unha obra na que ela fai o papel de Virxe María.


A lei ten perfeutamente determinado que é competencia dos consellos escolares a presencia, ou non, de sinos relixiosos e, isto, con independencia de que o colexio sexa público ou privado. Mais, aínda concedéndolle ó Estado atribuciós plenas nos colexios públicos dil dependentes, non tén que interferir, nin rén, no que atinxe ós privados. Non pode o Estado deixar nas maus dun subordinado, niste caso o xuíz, o poder da interpretación e resolución dun tema tan delicado, porque si por exemplo, alguén denuncia diante diste xuíz, alerxia á Cruz que coroa as eirexas, as catedrales, os cabaceiros e mesmo as farmacias, e il obra en consecoencia coa sentencia devandita, a onde iríamos a parar.


Coido que o citado xuíz pasouse como catro pobos e varios paus de teléfono na asunción das súas atribuciós e competencias e que, dende logo, descoñece aquela frase de Xesucristo: ‘Darlle ó César o que é do César e a Deus o que é de Deus’. Tamén pode ser que lle ‘esbare’, ó citado xuíz, o que poidan decir, por atoparse na mesma situación daquil persoaxe de sainete que dicía: ‘... Porque, gracias a Deus, eu son ateo’.



Te puede interesar