Opinión

O decreto do galego

O novo decreto, sobor da lingua, si nos atemos ó que se vén publicando nos diferentes medios, da a impresión de ser una medida salomónica que, tratando de contentar a todos, cunha pretendida ‘equidistancia’, en realidade non vai contentar a ningén. Mais bén, coido que vai a enrarecer mais o clima de confrontación esistente e que, ademais, e parafraseando a ‘El Gallo’, o modelo que se propón ‘non pode ser e, ademais, é imposible’. Vexamos por que. Non hai suficientes profesores pra ensinar inglés, cunha mínima garantía de eficacia e competencia, por mais que haxa, hoxendía, moita xente que fale, mais ou menos bèn, a lingua de Albion. Nin que dicir tén que o ensino de calquer materia, nesta lingua, fai medrar, automaticamente, o nivel de esixencia no coñecemento e dominio dela. O ensino de calquer asinatura, en galego, pódese dicir que tén o mesmo problema pois, curiosamente, o coñecemento ou entendemento do mesmo, que parece ser un punto a favor, atópase co atranco que supon a esistencia de varias castes dil, sendo a variedade normativa a menos axeitada, polo que habería que determinar, primeiro, cal queremos que perdure. Cuestiòn, esta, da máisima importancia por que diso depende, nin mais, nin menos, que a supervivencia ou a norte do galego. Tamén levaría consigo a reciclaxe e formación do profesorado e a lóxica consecoencia de ter que prescindir, en determinados casos, de ensinantes da máisima reputación por mor do descoñecemento linguístico. Do castelán non fai nin falla falar. Abonda con pensar que, aínda sin ter en conta a súa cooficialidade, habería que estudala, como lingua estranxeira, polo seu peso e importancia a nivel mundial.


O problema é que, a ousesiòn por repartir os tempos, é o árbore que nos non deixa ver o mato. O ouxetivo do ensino é o de instruír e aprender as materias. Despois, cada un traballará co idioma que mais lle acomode e, sexan cirílicos, árabes ou galegos os carauteres que empregue, dous mais dous serán sempre catro. Aínda que hai moita xente que, ou bén por un impulso visceral, ou bén interesadamente, trata de engedellar a situación, nun ‘totum revolutum’, sobranceado de ideoloxía política e intereses partidarios, non debemos esquecer que o fin último debe ser una fórmula racional que beneficie a todolos galegos ou, en calquer caso, á mor parte diles.


Niste senso, non é repartir os tempos a medida mais axeitada, sinon determinar a importancia de cada materia e adicarlle, a cada unha, o tempo necesario. Dacordo coa estimación mais lóxica, ó meu parecer, o inglés, i eso pensando nunha utópica superación da imposibilidade metafísica que supón a inesistencia de medios autual, sería moitísimo inferior, no consumo de tempos, a de calquera dos dous idiomas oficiales da comunidade.


O galego, mirado sin apaixoamento e a prol da propia comenencia, debería ser ensinado coma unha asinatura centrada no propio coñecemento, sin invadir campos que poidan crear rexeitamentos a contra do mesmo, e pro estudo da cultura galega que, ademais, fará mais doado o aprendelo por amor e non por imposiciòn. Unha vez acadado ó dominio do seu uso pódese empregar en calisquer materia que o suxeto determine. O castelán, xa por ser lingua oficial do país e da nación, xa pola súa importancia e consideración, tendo en conta que é o noso vehículo de comunicación co esterior, que nos pode acadar ensinantes de un gran nivel inteleutual, que ten unha tal riqueza de bocavulario que a convirte na preferida, tanto pra documentaciós como traballos centíficos e que, ademais vai a ser a lingua de referencia e, sobor de todo, de comparanza e contraste no estudo dos outros idiomas, non cabe a menor dúbida de que precisa un mór tempo de adicación.


En resumo. Concentrar o estudo do galego e a súa cultura nunha asinatura específica, aínda adicándolle menos tempo, e non andar coela ‘brincando na palleta’ noutros terreos mais impropios, non é quererlle mal ó galego. Todo ó contrario. Non é ‘comer mais’ pero é ‘comer millor’. O que é incrible e que, co doado que sería facelo así, ande a Administración en liortas xornalísticas, enquisas e cálculos de fornecementos millonarios. Non se pode dubidar da intelixencia do Presidente da Xunta. Mais, estas son cousas que se arranxan con sentido común e un pouquiño de adicaciòn. Madride pode esperar.



Te puede interesar