Opinión

Deiquí e dacolá

Deiquí. Un viaxe ó estranxeiro, segido dunhas vacaciós que xa remataron, orixinaron un retraso na execución do meu propósito de facer unhas cativas refleusiós sobor das inquedanzas da grei xudicial, encol da lingua galega. Parece ser que unha certa corrente, dentro dela, aboga -e nunca millor dito- por unha maior amplitude do coñecemento e mailo emprego do galego. É algo dino de louvanza por canto o galego-falante esprésase nunha lingua ateigada de vagedades, verbas de doble senso e mesmo conceutos resumidos nunha soia verba, en consonancia coa natureza dos galegos, que fan moi pouco doada a tradución e que precisa dun amplo coñecemento dela.


Por outra banda, hai outra corrente que reclama a normalización lingüística, na xudicatura, a todolos niveles. Isto, mírese por onde se mire, non deixa de ser unha utopía. O poñerse agora a traducir do castelán -lingua na que se diplomaron todolos integrantes do estamento judicial- ó galego, todo o córpus xurídico e pensando na cantidade de recursos económicos e humanos precisos, xa o fai inviable, máisime pra un estamento que non tén pra mercar os medios de traballo imprescindibles, hoxendía, pro labor cotián.


Fálase de ‘galego’, xenericamente, mais si temos en conta que, aparte das sete ou oito variantes lingüísticas propias do país, mailas variantes ‘importa das’ de corte lusista, e mailo galego normativo, e maila imprescindible apropiación de verbas castelás atoparíamonos cunha versión rediviva da Torre de Babel.


O argumento de que o galego xa tiña presencia na xudicatura, na Idade Media, é mais confundir os desexos coa realidade. Daquelas, as leis estaban en latín e, cando iste foi sustituído polo romance, na fala popular, o castelán io galego -do que logo derivaría o portugués- eran moi semellantes. Castela, despois, coa súa gramática io seu dominio político, encarregouse de ‘hivernar’ ó galego.


O feito constatado de que os paisanos galegos, nos escritos notariales, prefiran o emprego do castelán amosa, nidiamente, o absurdo de traducir da lingua que coñece o cen por cen da xente á menos coñecida (o mundo ó revés). Da a impresión que, pra algús, é mais importante que a xusticia fale galego ca que sexa xusta.


Dacolá. O viaxe que me retrasou, no meu propósito, foi por mor de ir buscar a Alemaña a unha miña neta, de 9 anos, e traela de vacaciós. É algo que acostumamos a facer todolos anos e que me permite, nos días que boto aló, coñecer un pouco mais, in situ, particularidades do ensino alemán, do que xa algo escribín esquí, en La Región.


Iste ano, o curso leutivo rematou o 14 de xulio. O 15, a policía de tráfico esaminou a todolos rapaces pro carné de bicicleta, pois os rapaces non poden circular polo carril-bici, presente en todalas rúas de Berlín, sin o devandito carné. O 16 entregaron as notas, con información sobor de aptitudes e aititudes, con esplicación verbal ós pais e con suxerencia de posibles medidas a tomar. Teñen unha asinatura, que se podería traducir por Humanidades, que niste curso versou sobor das Relaciós de Amizade. Resultoume curioso ver á miña neta escribir soio con pluma estilográfica e, ó perguntarlle o por qué, díxome que, hastra os dez anos, estaba prohibido usar o bolígrafo que era debido a previr hábitos incorreutos no xeito de agarrar a ferramenta pra escribir e, mais tamén, por ser mais doado de corrixir calquer erro na escrita. O novo curso xa escomenzou no primeiro día de setembro.


Cando voltei das vacaciós atopeime co recibo de Telefónica, todo il en galego, cando sempre foi bilingüe. Cando fun levar a neta ó aeroporto, atopei unhos folletos, de propaganda de comercios galegos, todo escrito en pseudo-portugués. A asociación de ideas fixome lembrar que fronte a un país que, malia o diñeiro ios sacrificios que lle custou, e lle está custando, asumiu a reunificación da súa nación. Nós, pola contra, temos algo que eu non sei como alcumar, coma un xen autodestrutivo, que nos leva a buscar a disgregación reducionista da nación e onde o mais importante, ó parecer, e conquerir o suicidio lingüístico.


Te puede interesar