Opinión

¿ESTAMOS CEGOS??

Cando escoitei, nun programa de TV que unha nai se laiaba de que a un seu fillo, de seis anos, se lle impoñía o ensino en galego, non sei si en todalas materias ou en algunhas determinadas, sintín coma si o mundo se me viñera enriba. Porque isto viña a dicirme que as promesas eleutorales que tantos votos lle acadaron ó señor Alberto Núñez Feijóo non se están cumplindo ou, alomenos, en toda a súa amplitude. O de dar o ensino en galego en determinadas materias, e outras en castelán, xa o facía o Goberno anterior. O troco dunhas por outras, e mesmo a cantidade delas, non deixa de ser coma unha estratexia pra anular o que fixeron os anteriores, coas mesmas armas e semellantes resultados. Ou sexa, cambear algo na forma pra que todo siga igoal.


Prescindindo de nacionalidades e sentimentos, e mirando dende un punto de vista racional e aséptico, non é de recibo que se pretenda darlle, non a importancia sinon o mesmo trato a dúas linguas, das que unha vén a ser recoñecido polos mandamais que a gobernan, hai moi poucos días, que precisa dunha gramática institucional. Si non vemos isto é que estamos cegos. Con istes antecedentes queren que os estudantes, valéndose dun idioma espurio, con pouco vocabulario e menos recorrido, aprendan determinadas materias nas que parten en inferioridade de condiciós ca outros estudantes foráneos. Xa sei que dicir isto non é 'politicamente correuto', e que dito por un galego pode ser que, en algures, lle poden chamar a un de todo menos guapo. Mais, por á miña terra ias súas xentes, non podo pasar sin botar o meu berro inconformista, pola traición que se lle está a facer a nosa xuventude.


Non estou dacordo, i é un sentimento moi forte que levo dentro, que o galego se podia usar pra nomear cousas desagradables, coma por exemplo denuncias, pleitos, insultos, emporcado de fachadas, etc., cando naceu pra amosar o millor que os galegos levamos dentro. En troques, convirtírono nunha fedechona arma política.


O tema das linguas vernáculas e coma unha pataca quente pros gobernos dos taifas que as teñen e que prefiren, en vez de darlle o tratamento axeitado, aproveitala como arma arroxadiza e como vaca leiteira. O culpable de todo isto, sin dúbida, e o Goberno da Nación, filiaciós políticas á marxe, que cunha política de 'laissez passer', está obrando, por omisión, á contra dos intereses da Nación.


O Goberno do Estado tén, loxicamente, que respetar as linguas das autonomías bilingues -que, a súa vez, teñen a obriga de ensinala, respetando o dereito de usala, ou non-, mais debe obrigar a coñecer a lingua nacional e mailo seu uso en todo aquello que atinxa á relación en todo auto ou documento oficial, tanto na comunicación interestatal como mesmo dentro das autonomías. Non hai nada mais esperpéntico ca ises políticos do parlamento usando a tradución simultanea. Xa o dicia o tolo do conto: 'Eu estou no manicomio por tolo, non por gilipollas'.


O Goberno autonómico, como copia que é do central, debe de darlle ó idioma oficial o rango debido, dándolle ó vernáculo a importancia que tén e non creando unha situación de status competencial que ó único que leva, no terreo prático é a que os galegos non dominen nin o galego nin o castelán que, por certo, era en tempos pretéritos unha das rexiós onde millor se falaba. Unha vez mais hai que dicir que a solución mais lóxica, mais barata e mais doada é tratar o galego coma unha asinatura mais. Acadaríase un millor coñecemento das duas linguas, usaríase o galego en aquello que precisa da súa musicalidade e quedaría desautivado como arma política. O difícil e atopar un presidente que queira porlle o axóuxere ó minino.

Te puede interesar