Opinión

O HEROE DE CASCORRO

En pleno Rastro madrileño está ubicada a Plaza de Cascorro e, nela, a estatua do fillo de Madrid Eloy Gonzalo, que pasou á historia coma o heroe de Cascorro, por unha valente aución de gerra en dita localidade, na illa de Cuba. Mais a historia é dun xeito ou doutro, dependendo de quen a escriba.


Eloy Gonzalo era un rapaz da 'Inclusa' que foi adoptado por un garda civil ia súa dona. Finados os mesmos, Eloy era cabo nun batallón de carabineros e foi sometido a consello militar por amenazas ó seu tenente, que ó parecer ocupábase en adornar a fronte do Eloy con certos aditamentos taurinos. Caeulle unha condena de 12 anos, da que se ceibou en troques de enrolarse 'voluntario' ó exército de ultramar e con destino á illa de Cuba.


Eloy era un dos escasamente 200 homes sitiados por 3.000 'alzados' na localida de Cascorro. A situación era desesperada (chegouse a beber os mexos dos mulos) e, pra mais 'inri', dende un bohío cercano, en situación privilexiada, sofrían un tiroteo mortífero. Á vista disto, os mandos estimaron que a única solución do problema era tratar de chegarse de noite cunha lata de petróleo, e porlle lume. Pidiron voluntarios pra esta operación e seleucionaron de entre iles ó Eloy, por non ter familia. Pola noite, cunha corda atada a cintura pra recobrar o cadávre si o mataban, e coa lata do gas na mau, Eloy fixo a tarefa encomendada e voltou san e salvo.


O Goberno da Nación concedeulle unha moi importante condecoración, con pensión incluída. Ó pouco tempo morreu Eloy dunha presunta 'enfirmidade tropical' e o pobo de Madrid adicoulle a devandita plaza coa súa estatua.


Deica eiquí a versión oficial.


Unha versión particular, dun camarada testemuña dos feitos, coincidente en xeral coa versión oficial, alónxase en algús apartados.


Segindo esta versión, ó requerimento de voluntarios presentáronse soio Eloy Gonzalo e un cabo de explosivos chamado Antonio González Martínez, natural de Valdorregeiro (Ourense). Escolleuse a Eloy Gonzalo, efectivamente, por non ter familia. A corda que lle ataron era pra recadar o corpo, morto ou vivo, pero, moi importante, pra recuperar a lata do petróleo.


Nas 'haciendas' criollas festexábanse moitos 'saraos' en honra da oficialidade española, nos que se prohibía a entrada á clase de tropa e nos que normalmente controlaban a entrada soldados españoles. Eloy Gonzalo, que ó parecer era un pouco 'fantasma', gostaba de acudir a iles coa condecoración posta, pero tapada, e ó dicirlle o soldado de garda que se non podía entrar, xa que era pra oficiales esclusivamente, descubría a medalla, obrigando ó 'sorcho' e mais os oficiales presentes a saudar e tratalo coma un diles. Ó pouco tempo, Eloy apareceu morto na manigua e cuns síntomas que nada tiñan que ver con ningunha enfirmidade tropical.


Como diciamos ó principio, a historia é como se escriba. Podo acreditar que esta escoiteina en conversa privada hai moitos anos, con outros datos que tal vez algún día comente, e que espero lle sea de interese a algún dises amantes da 'memoria histórica'.

Te puede interesar