Opinión

Horacio Caneiro

Hai persoas das que é difícil falar, ou escribir, porque, por moito que un trate de ser xusto e imparcial, sempre parece que non é máis que amigable panexírico o que un manifesta, a pesares de ser pura realidade. Unha destas persoas é Horacio Caneiro Ariza.


Cando Horacio chegou a Ourense fíxose un dos persoaxes máis coñecidos, en moi pouco tempo, por mor da súa labor na radio local, con unha voz, unha simpatía e un novedoso xeito de facer radio, lonxe da rutina imperante, que fixo que a súa chispeante conversa trascendera a outros terreos, fóra da radio.


Cando meu trato con il foi persoal e cotiá, e despois de moitas conversas, coas libaciós pertinentes, descubrín nil unha ialma xenerosa e preocupada polo bén dos mais desfavorecidos, como deixou bén presente nas súas campañas radiofónicas a prol do Asilo de Ancianos e as do Nadal, co gallo de reca dar fondos pros mais desfavorecidos. Eran famosas as súas campañas de recadación radio-telefónicas.


A súa etapa barcelonesa, na emisora Radio Miramar, do ourensán Marcel de Castro, amais de outras propostas que seica tivo aló, foi un paréntesis no que, si prós amigos que tivemos que sofrir a ausencia do amigo e a falla dos contos do fabuloso ‘Chato’, foi pra il unha esperencia que se trocou en negativa por non dar superado os desencantos e, sobor de tdo, a chamada do seu entorno vital, preñado de señardade pra un emotivista coma il.


Aparte do trato cotiá, Horacio foi presentador perpetuo das entregas de premios do Concurso Nacional de Redacción de Coca Cola, tanto en Ourense como na fase final rexional, que se facía no Gran Hotel da Toxa.


Os viaxes á Toxa daban vagantío pra moitas cousas. Dende a degustación do sublime tinto, en cunca de pedra, ia compra de varias botellas no Bar Pituco, de Meaño, hastra o intercambeo de confidenzas persoales. Foi así como nos enteramos de que, si a súa familia materna era de Santo Domingo de la Calzada, a materna miña procedía de Nájera. Que o seu abó io meu sogro eran amigos e naturales do mesmo pobo. En fin, cousas miúdas das que fan como de argamasa na construcción das amizadas fortes.


Cando estivo doente da garganta, a súa ferramenta de traballo e cualidade destacable na súa persoalidade, foi pra min un disgusto solo comparable a ledicia que me deu o velo perfeutamente recuperado.


Fai un tempo que o non vía e non sabía que estivese doente. Coñecín o seu óbito pola radio e a nova bateume no cerne coa forza do door. Soio se me alcanza decir, a modo de epitafio: ¡Os que o coñeceron non poderán esquecelo!

Te puede interesar