Opinión

LINGUA E POLÍTICA

Asituación da nosa lingua vén a ser como a crónica dunha morte anunciada, como consecuencia do uso que, como arma política, teñen feito dela tanto os gobernos como as oposiciós ó longo dos tempos. Os feitos din nidiamente que ningén tén o menor interese pola lingua nin polos seus usuarios, agás polo que supón como medio de acadar votos. Por varios séculos, o noso país foi poseedor dun bilinguísmo armónico, propiciado por ter cada lingua un cometido claro e diferenciado. O castelán era o idioma do ensino, da xustiza, dos documentos, en fin, da oficialidade. O galego, trasmitido oralmente, era a lingua do sentimento, das relaciós afeutivas, da nosa cultura e, moitas veces, como dicía Sarmiento, o idioma do que botar mau pra escrarecer as escuras raíces de certos vocablos romances. Soio lle fallaba unha gramática que posibilitara a súa escrita e a convirtira nunha lingua literaria.


Coa política escomenzou a deturpación linguística, por mor da normativización e da normalización impostas, nefastas e con espresa intención de inmersión no lusismo. Foise deturpando máis a cada nova normativa, que o único que deixou craro foi a iñorancia inteleutual e as intenciós políticas dos normativistas, hastra o presente intre.


O de dividir as asinaturas do ensino en desenroladas nuhna ou a outra lingua coma vehicular, moitedume de veces impartidas por profesores pouco coñecedores da lingua predeterminada, orixinou un déficit moi importante, tanto no coñecemento e dominio das materias como dos idiomas empregados e, loxicamente, un máis que alarmante fracaso escolar. Todo isto fixo que os candidatos a rexila Xunta, coa promesa eleutoral de arranxar os problemas do bilinguísmo, conqueriran unha cantidade de votos moi siñificativa e que coido tivo bastante que ver coa mayoría absoluta que acadaron nos comicios. Hoxe, coa política de 'unha véla pra Deus e outra pro Demo', é dicir, querer contentar a todos pra ceibarse do problema, o que consigen é non contentar a ningén. Un home de Estado e ademais bon xestor, como tén demostrado ser o presidente da Xunta, non debería ter dúbida de que a medida máis efeutiva sería ter o ensino total 'en castelán', por moitas e praumáticas razós, e o galego coma o de outra lingua calisquer, pra aprender a escribilo como se fala na rúa que é, por certo, onde se aprende e millor se fala.


Di o refrán que 'non hai pior xordo que o que non quere oír'. Debe ser verdade, porque o devandito vén a ser coma 'o ovo de Colón'.

Te puede interesar