Opinión

AS LIORTAS NA RAG

AReal Academia da Lingua Galega (RAG) estabeleceu,dende a súa fundación a defensa e promoción da nosa lingua, marcando como prioridades a elaboración dunha gramática e un dicionario da Academia. Parece que ó longo dos tempos a laboura dos académicos, como diría Fernández del Riego, 'mirrou' moito iestivo mais adicada ós discursos en rancios eventos, coma xogos florales, inauguraciós e variados acontecementos oficiales onde acadar maiestáticos intres de gloria persoal e a formación dun coto pechado onde soio poideran entrar os 'inmortales' e mailos seus colegas, debidamente escolleitos. Isto, con algunas esporádicas esceuciós como chispas saídas do pedernal, mais sin conseguir prendelo lume da ilusión coleutiva, foi a tónica que abrangeu a chamada 'longa noite de pedra'.


Cando ó chamado da política, que non ó convencemento da necesidade de loitar pola nosa lingua e por mor dos beneficios e sinecuras posibles, se emprendeu a normativización e a subseginte normalización, os 'inefables' académicos principiaron as liortas entre si. Non imos pararnos en cativeces, no doméstico e cotián e nepotismos varíos, sinon no categórico e importante.


De saída, xa houbo liortas orixinadas polos diferentes pareceres no modelo de normativización a conquerir. Unhos, os mais 'puristas', avogaban polo mais lóxico e racional: depurar e fixar a lingoaxe da rúa. Tiña o avantaxe, ademais, de poder refundir todolos dicionarios esistentes no da Academia.


Pra outros, os que manexan a lingua como arma política e non teñen dóa dela nin de quen a fala, a súa meta desde o principio foi crear a fala oficial dun suposto Estado Galaico Portugés e, aproveitando que o portugés xa tén a súa Gramática, aproveitala pra forrar o traballo de facer a remodelación doutra innecesaria, xa que nos íamos a mimetizar no portugés.


Había outros, autodefinidos 'de mínimos', que non se decantaban por ningún, ou sexa, nin si nin non sinon todo o contrario. Iso si, defendían o portugés como idioma de referencia, cando de buscar a raíz pra unha nova verba se tratase.


Puntos de vista tan antagónicos non podían por menos de ser causa de rifirra fes na elaboración das normas e mesmo nas relacios persoales. Isto e a falla de gramáticos e filólogos contrastados na laboura. Soio así se esplica que, nun tempo aprousimado de vinte anos, houbese nove ou dez normativas distintas e mesmo contradiutorias e que aínda hoxe a normativa esté incompleta. É unha precariedade que arrastra esta Academia, ateigada de escribidores, na que se entra por méritos literarios e maila preceutiva recomendación. Si hai algún linguísta debe estar bén agochado, pois os diferentes 'atentados' lingüísticos, cometidos mesmo por 'vacas sagras'da Academia, non pasaron a mínima censura. Como a non téñen os xornalistas, os da radio e os da TV.


A última liorta, que non a derradeira, seica tén algo que ver coa dimisión do último presidente. Mentres, o noso idioma está cada vez mais escarallado e aínda hai outimistas que o queren convirtir en lingua vehicular do estudo. Claro que, istes, son do segundo escalafón devandito.

Te puede interesar