Opinión

A lóxica e as linguas

Mesmo como ‘a función crea o órgano’, a necesidade de comunicación crea a lingua. E pódese decir que, cuanto mais ricaz sexa o vocabulario de cada unha, mais doadamente facilita o entendemento e a comunicación.


O dominio, ou mesmo o mero coñecemento, de mais linguas do que a propia de cadaquén, ou lingua nai, vén dado pola vontade, obrigada ou non, de cada falante, agás en países bilingues, como é o noso caso, no que as dúas linguas vanse aprendendo simultaneamente e de xeito natural. Isto, que vén sendo así ó longo de séculos, no que atinxe ó galego io castelán, está deixando de selo por mor dos políticos e dos siareiros do cortello do poder, no eido do galego, tratando de eliminar a mais importante e necesaria das dúas e desvirtuando a outra de tal xeito que induce ás nais galegas á non transmisión da lingua ós seus fillos.


Toda a visceralidade na ‘defensa’ do galego, como lingua nai e como a propia dos galegos atópase, de sutaque, cos datos fríos e ouxetivos que din outra cousa. O resumo da morea de datos das enquisas, estudos e demais, sobor do tema, dinos que en Galicia o galego non acada o 100% no seu coñecemento e uso. Polacontra, e salvo casos concretos de analfabetismo e aillamentos orográficos, o coñecemento e uso do castelán acada o 100% das persoas. Un dato moi esclarecedor e do que ninguén fala é que hastra onde alcanza a memoria, as nais gale gas non ensinaron ós seus fillos a rezar en galego.


O amor que os galegos lle temos á nosa lingua non debería de obrar a modo de orelleiras de besta que nos impida decatarnos da riqueza que supón o ter dous idiomas tan fermosos e importantes, tanto pola súa sonoridade como pola súa importancia, como vehículo de relación e intercambeo de coñecementos.


O importante do coñecemento é o coñecemento en si, non en que idioma se adequire. Naturalmente, canto mais rico e variado sexa iste, mais rápido e mais nidio será o aprendizaxe. Por iso, no noso caso, as asinaturas de índole téunica sería aconsellable impartilas en castelán, polas anteditas razós, aínda que é indubidable que o coñecemento do galego pode facer aportaciós moi salientables, sobor de todo no eido das letras. Abondaría con remitirse ás manifestaciós de Feixoo, Sarmiento, Sobreira, etcétera.


Do antedito dedúcese, por lóxica, que cada idioma da nosa terra pode ter un ámeto definido e que, antes de impoñer o galego, indiscriminadamente, tería que haber un debate previo pra consensuar e armonizar unha norma escrita común porque, por exemplo, empregar o vixente galego normativo na mecánica xudicial, sobor de todo en sumarios e sentencias, coa moitedume de verbas que non teñen equivalencia bén definida entre galego e castelán -o que supón unha ringleira de apropiacións terminolóxicas de outros idiomas, con perigo de falsas interpretaciós que o non fan recomendable, por moitas asociaciós xudiciales que o preconicen- non é ningunha ventaxe. Pénsese, por exemplo, na posibilidade de confusión entre recurrir ou recorrer (coa vista/ler) unha sentencia. Quen nos goberna tén a obriga de ensinarnos nos dous idiomas oficiales. O uso que cada un faga de calquera diles, é cousa da liberdade de cadaquén.


Eu reafírmome na idea de que debería darse unha asignatura específica de Cultura e Lingua Galega, en galego, e as outras en castelán. Isto facilitaría a especialización do profesorado en cada materia, e acrecería o nivel estudiantil, reducindo o fracaso escolar e os abandonos. Tamén nos aforraría o gasto e a molestia de mandar papeletas ós pais de alunos de consulta sobor do idioma que queren no ensino dos seus fillos. Isto tamén remataría co problema do idioma a empregar nas oposiciós, por máis que o coñecemento do outro poda aportar puntos adicionales. ¿Non será isto algo así coma o Ovo de Colón?

Te puede interesar