Opinión

¿A ONDE IMOS?

Finalizada a 'Gerra Incivil', que deixou arrasada Hespaña, e maila Gerra Mundial, moitos españoles buscaron a subsistencia nos países europeos que, por mor das axudas do Plan Marshall, iniciaban a súa reconstrucción cunha enorme puxanza. Por certo, o mesmo plan foille oferecido a Franco, mais cunhas certas condiciós políticas que non aceptou. O que fixo foi ordear que o 87 por cento das cuantiosas divisas depositadas en bancos e caixas de aforro, procedentes dos envíos dos emigrantes e das esportaciós, se transferiran a Madrid pra ser invertidas na recuperación e despege industrial de, primordialmente, Cataluña, Vascongadas, Valencia e Madrid. Isto orixinou que infindade de galegos, andaluces iestremeños, sobor de todo, non soio levantaran, cos seus cartos, as industrias das devanditas rexiós, sinon que 'a fortiori' tiveran que ser a mau de obra imprescindible pra facelo, afortalando a precariedade do emprego e impidindo un posible rexurdimento. A isto hai que engadirlle o desmantelamento das fundiciós de Vigo, o dos asteleiros de Astano no Ferrol ia anulación do Gran Porto de Vilagarcía, en beneficio de Bilbao


Todos istes beneficiarios do suor e dos aforros alleos son os mesmos que agora amosan a súa falla de solidaridade e mailo seu desprecio, en moitos casos, con aquiles á quen tanto lle deben. O mais triste é que, entre iles, aparecen fillos e netos nosos, nados aló, que mesmo asemellan contaxiados da 'furia do converso' e son mais escluíntes do que os mesmos oriundos de sempre. Hai moitos entre iles que gostan de maxinar que pertencen a unha raza aparte, superior e única, sin parar mentes en que, por mais que se agrupen ou se asocien, pertencen a, como mínimo, tres etnias distintas, con linguas propias e con rasgos diferenciales notorios. Compiten entre si no adoutrinamento dos rapaces, na imposición da lingua propia, nas coauciós e sanciós ós que non sigan a liña oficial e, agora, pra mais 'inri', tratan de convirtir as rexiós en naciós con seleuciós deportivas iembaixadas 'nacionales' e, ademais, facer un censo de habitantes atendendo á súa procedencia, apelidos, data e lugar de nacemento e con DNI (ou mais de un) espedido pola propia 'nacionalidade'. Mais isto non é un 'invento' novo.


Houbo un goberno, nunha nación europea, no que se empregaron métodos cunha certa semellanza e dos que o devandito país se non sinte moi orgulloso porque o resultado final foi coma un baldón na faciana da humanidade. Entre aquiles métodos estaba o de tatuar un número, como si fora a matrícula dun coche, no brazo dos individuos pertencentes a determinadas etnias, e mais o de pegar unha estrela de papel na fachada dos edificios onde moraban ou tiñan negocio os mesmos.


Istes, sinxelamente, son datos incontestables. Que cadaquén saque as súas propias conclusiós e, dacordo coelas, resposte ó epígrafe.

Te puede interesar