Opinión

Un parvo fai un cento

Os políticos galegos, segindo o seu proceder de imitar as malas costumes dos seus colegas vascos e catalás, apuntáronse á moda establecida polo lehendakari Ibarretxe, parece que con notable ésito, dunha maneira moi particular de estragar a gramática co tema dos xenéricos.


De sempre, cando se nomea un coleutivo faise co xénero masculino, cecais polo convencemento ancestral da supremacía do masculino sobor do fiminino. Cando se fala da Humanidade fálase dos homes. cando se quere concretar, xa se fala de home ou muller. O mesmo ocurre cando, por exemplo, falamos dunha manada de cabalos, xenéricamente, que se concreta, en caso necesario, en cabalos ou eguas. Isto mesmo é o caso dos árbores. Como xenérico, todos son árbores, en masculino. Cando lle damos un nome concreto a cada un, e salvo raras esceuciós, adóitase aplicarlle o xénero masculino ós árbores que non teñen froito útil pro consumo direuto, io fiminino ós que o teñen. O traer iste exempro a colación é porque os normativizadores galegos do ’galego’ oficial, na súa ’orixinalidade’, fixéreno do revés.


O lehendakari Ibarretxe, coa súa innecesaria redundancia, marcou a veréa por onde, cada vez máis, transita xente que mesmo se debe sentir moi satisfeita, cultural e políticamente, co emprego de os/as, a eito, como galegos e galegas, compañeiros e compañeiras, etcétera. Podo dar fe de que a moda prendeu porque o meu párroco, na homilía dominical, xa emprega un ’amigos e amigas’.


Si esto é un xeito de reivindicar os dereitos femeninos, bén está. Mais, o querer convirtir ós Reis Magos en raíñas, como seica fixo unha política local, é pasarse sete pobos. ¿Ou é que hai algunha referenza bíblica de que os Reis Magos fosen mulleres ou, cecais, transesuales? Teñen sorte os concelleiros, no Nadal, de que non sexa nosa a figura de Santa Klaus. Porque, determinar o xénero dun tan ambiguo persoaxe, que é nomeado co fiminino Santa e o masculino Klaus, non debe ser moi doado.

Te puede interesar