Opinión

A REVISIóN

Aquil día, o señor Bieito 'das gaseosas', ía moi ledo, giando o seu SEAT 6oo 'turbo', por mor de que seica lle deran o certificado 'pirotéunico', pra remudar o carné de 'chaufer'.


Como xa non contaba que llo deran, por culpa dos seus setenta e moitos anos, e aínda que a 'cuña' que metera era boa, ía de tal xeito ledo que se lle facía cativo o traxe pro pelexo e, de paso, íallo contando a todolos que atopaba. Púxose tan repoludo e tan eufórico que coidou que hastra o seu 'haiga' tiña dereito a un 'extraordinario'.


Foi ó taller e díxolle ó mecánico: 'Dalle unha revisión bén completa e ponlle todo o que lle cumpra'. O mecánico, que o coñecía bén, estranouse un chisco de velo tan rumboso e soltoulle, coma quen non quere a cousa: 'Entón? como haberá que trocarlle o aceite ¿de cal lle botamos?'.


'Iso nin se nomea. Do millor. Aínda que sexa de ?La Giralda.'

Te puede interesar