Opinión

SUBTITULADO EN EUSKERA

Fai poucos días que os medios de comunicación anunciaban a posibilidade de ver, na TV, a mensaxe do Rei e 'subtitulada en euskera'. Isto fíxome lembrar cousas semellantes da TVG, grabadas en castelán e subtituadas en galego.


Nefeuto, ambalas dúas linguas teñen, no seu desenvolvemento, moitas cousas en común. As dúas están compostas por varias e recoñecidas variantes normativas, compostas á súa vez por dialetos e subdialetos moi heteroxéneos e, como idioma oficial, un enxendro formado por elementos recolleitados d-eiquí e d-acolá, que o fan asemellar a unha potaxe.


Máis grave, si se quere, no caso do euskera, por mor da necesidade de apropiación de materiales alleos, debido á pobreza cuantitativa do vocabulario propio. Das dúas linguas, ninguna acada o 100x100 de coñecemento por parte dos habitantes dos países que lle son propios, cousa que si acaece co castelán.


Polo tanto, poñer subtiduos a unha lingua que todos coñecemos é un aldraxe á nosa intelixencia e un recoñecemento tácito da falla da mesma nos que manexan o 'cotarro'. Istes, facendo da 'necedade' virtude, usan do idioma como arma política pra, aparte de aillarnos dos demais e miralos dende unha posición de suposta superioridade dun pobo mítico, adoutrinar ós rapaces. Iso si, nunhas linguas normativas que mesmo asemellan capas feitas de remendos que, bén mirado, é a indumentaria máis axeitada pra un fidalgo vido a menos.

Te puede interesar