Opinión

OS TOLOS DE OURENSE

Os tolos son unha parte do noso grupo humano que, ó marxe do diaunóstico centífico, son catalogados pola sociedade asegún o seu comportamento. Hai uns tolos pacíficos, que mesmo semella estar a medio camiño entre a xente normal ios tolos 'enxebres'. Istes outros son os que, polos seus feitos ou teimas, son mais coñecidos e 'celebrados'. Distes tolos e que me eu lembre, dende a miña nenez, había en Ourense os segintes:


En mulleres, a 'Castorina', que andaba sempre cun caiado e unha caldereta na que ía buscar a comida que lle daban no 'Auxilio Social', ia 'Amadora dos Periódicos', que lle viña de que vendía os xornales voceando pola rúa, como se facía en todo mundo.


En homes había o 'Peteta' io 'Charomba', dous homes moi fortes e que andaban moito xuntos. Ganaban a vida facendo traballos de xornaleiros ou traendo e levando bultos ou equipaxes na estación do ferrocarril ou das administraciòs dos coches de 'línea'.


O 'DonManoel dos Espíritos' botaba fóra os 'diablillos' dos ouvintes, recitándolle o Responso de San Antonio -'si buscas milagros?'- coma un exorcista de cabeceira.


O Capitán Bombilla, alcumado así por mor dunha bombilla fundida que traía, mesmo como as lámpadas dos mineiros, nunha gorra de plato que traía sempre posta.


O Emilio 'O Toxo', que llo apuxeron porque, a modo de báculo, portaba un pau longo de toxo. Dicían que era un home con un gran capital e que se puxera tolo por mor dun amor non correspondido.


O 'Juanito Perrapementa' vivía na rúa de Colón, na casa de súa hirmá Aurora, e andaba ós recados.


O 'Parrulí' era moi miudiño de corpo, cun caráuter tan doce que asemellaba un anxo ceibado do Pórtico da Groria da Catedral. Adoitaba comer e durmir a cotío no forno do Herminio ia Flora, por riba da Burga, onde hoxe hai unha 'piscina climatizada'.


O 'Remigio' tamén era cativo de corpo, mais con non moi 'boas pulgas'. Levaba no sempre coiles o Fraga ia súa panda, iera xa rutinaria á saída de calquer bar, sempre coa mesma pregunta: 'Remigio¿quen paga? ¡Fraga!'


O 'Freín' era cativo, traía unha lata de sardiñas valeira, onde gardaba os mendrugos do pan que lle daban. Moi falador, e chamáballe a todos 'Migiel'. Tiña un xeito moi peculiar de falar e tiña unha teima: 'Me voy a Maiceda a comer el pan muerneo en la tabierna'.


O 'Toniño', que vivía en Hernán Cortés, fronte a Plaza de San Cosme e San Damián, era o tolo mais rebuldeiro e representativo. Tiña a teima das 'pirujas' e voceáballe: 'Putins, putians que te parians'. Tamén ás veces vía pasar unha moza e berráballe: '¡Nena, estás boa!' Pero a mais coñecida era a que lle adicaba ó Marcial Feixóo cando xogaba na U.D. Orensana: 'Marcial, chulo valiente, gástate tu dinero'.


Pode que me esqueza dalgún, querendo ou sin querer. Pode que algún día algén amplíe a lista e a complete.


Hastra esquí estas lembranzas de tempos idos?

Te puede interesar