O colexio Rosalía de Castro de Xinzo illa a pista polideportiva
INFRAESTRUCTURAS
O proxecto total da intervención que se acomete no centro ten un presuposto de 418.000 euros
Os traballos de remodelación y mejora en el colegio Rosalía de Castro de Xinzo de Limia están a punto de rematar e inclúen o pecho da pisa polideportiva do centro, que pasará a convertiste non pequeno pavillón de deportes. As obras comezaron a principios de outubro e supoñen un investimento de 418.000 euros. Durante estes meses avanzouse na obra de maior envergadura: o peche da pista polideportiva.
Ademais, púxose en práctica o proxecto de eficiencia enerxética, substituíndo as antigas luminarias por outras tipo LED e rematouse co proceso de illamento das paredes. Agora os esforzos estanse centrando no illamento das persianas e na substitución de vellas portas e ventás de aluminio. Todo isto ten como obxectivo reducir en boa medida o consumo de enerxía.
Así mesmo, está previsto proceder ao cambio de subministración dos carburantes, polo que gasóleo e propano quedarán remprazados por gas cidade. Porén, este será o último paso e deberase levar a cabo nas vacacións de Nadal, xa que é cando o servizo de comedor escolar non estará en funcionamento.
O director do centro asegura que as obras avanzan a "moi bo ritmo" e que terán rematado para finais de mes. Ademais, afirma que a incidencia na actividade lectiva está sendo mínima, posto que os traballadores realizan a maior parte das obras polas tardes, evitando así perigos e incomodidades. Considera que o proxecto supón para o colexio un gran avance. Con esta reforma as condicións das aulas mellorarán notablemente, dende a iluminación ata o aforro económico derivado do illamento e o cambio de combustible.
O anuncio da licitación das obras foi publicado no Diario Oficial de Galicia o pasado 28 de xuño. A contía destinada ás reformas ascendía a 418.774,euros e a inversión pública ía destinada á "mellora da eficiencia enerxética, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%" e máis á mellora funcional do centro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
AVISO DE UN PARTICULAR
Un incendio en un edificio okupa de Vigo deja tres heridos, uno de ellos grave
TRACASTELA, BARALLA, BECERREÁ
Galicia registra una serie de terremotos de hasta magnitud 3,9 en Lugo durante la madrugada