SEGURIDADE

Os colexios de Xinzo impulsan os ‘camiños escolares seguros'

Xinzo1_result
photo_camera Os cativos do colexio Carlos Casares están estes días aprendendo e disfrutando co "Xogo da serpe"

Pretenden que os nenos sel desplacen ao centro a pé, en bicicleta o en transporte público compartido

A posta en marcha do proxecto dos "Camiños Escolares Seguros" avanza en Xinzo de Limia. A  iniciativa ten como finalidade que os nenos e nenas da vila se despracen de xeito seguro aos centros educativos a pé, en bicicleta ou en transporte público ou compartido. A iniciativa saiu do profesorado de infantil do colexio Carlos Casares. A súa directora, Elena María Castro Villalón, asegura que con este tipo de accións foméntase que "os nenos e nenas sexan autónomos ao ir á escola e que non fagan uso do transporte individual". A proposta trasladouse ao Concello, a quen se lle pediu a "humanización das vías de acceso aos centros".

Ao proxecto sumouse tamén o outro colexio da vila, Rosalía de Castro. O seu director, José Manuel García Lorenzo, afirma que é unha iniciativa "beneficiosa para a animación á vida saudable" e que concorda ao cen por cento coa filosofía do centro, que leva anos impulsando o emprego da bicicleta entre o alumnado. Ademais, o docente engade que favorecerá "a socialización e a solidaridade entre os nenos", xa que ao longo dos roteiros serán os máis grandes os que acompañen e axuden aos pequenos.

Para implantar os "Camiños Escolares Seguros" os dous centros están botando man do "Xogo da Serpe", que é unha campaña europea que promove formas de mobilidade sustentable. A actividade recompensa aos nenos que participan no programa.  Simultaneamente, están organizando actividades e eventos para formar a nenos, familias e profesorado.

Para medir o impacto da campaña, ao longo nestas últimas semanas levouse a cabo un proceso de medición para establecer os datos de partida do proxecto. Nel documentouse cantos son os nenos que actualmente prescinden do transporte individual para acceder aos centros de ensino. Con esta iniciativa búscase que o número aumente notablemente para final de curso.

O Concello acometerá as reformas nas rúas da vila

Unha vez trazados os camiños que seguen os rapaces ata os colexios, o Concello será o encargado de abordar as reformas urbanísticas necesarias: reibaixar os bordes das beirarrúas, repasar os pasos de peóns e establecer uns adicionais, pintar os roteiros, sinalizar os puntos de encontro e instalar aparcamentos para bicicletas ás entradas dos edificios educativos.O concelleiro de Medio Ambiente e Sanidade, Manuel Cabas López, afirma que as reformas foron demoradas pola falta de dispoñibilidade da brigada de obras do concello. Asegura que se porán en marcha tan pronto como as condicións meteorolóxicas o permitan. En relación ao programa, o concelleiro sinala que "o feito de que os nenos vaian andando significa que non haxa atascos" e iso é bo para a vila.n

Te puede interesar