LETRAS GALEGAS

Xinzo presentará o sábado os actos do Día das Letras Galegas

O Concello limiao destinou unha partida de 60.000 euros ao deseño dunha programación especial que contemplará varios acto

O Comité de Expertos nado en Xinzo durante o pasado mes de marzo co obxectivo de coordinar as actividades vencelladas ao día Das Letras Galegas, celebrará este sábado unha nova reunión e dará a coñecer os actos previstos na vila para ensalzar a figura do escritor Carlos Casares. 

O Concello limiao destinou unha partida de 60.000 euros ao deseño dunha programación especial que contemplará varios actos, entre eles, a celebración do día central das Letras que este ano terá Xinzo como esceario principal. Está prevista unha xornada con música e actividades na rúa. 

Nesta liña e a partir de hoxe, o Casino Antelano acollerá a exposición "Carlos Casares e a fotografía". A mostra poderase visitar en horario de 15.00 horas a 21.30 horas, ata o vindeiro 7 de maio. 

A Concellería de Cultura ven de publicar tamén, as bases para participar na segunda edición do Concurso Literario Xuvenil Carlos Casares de Narración Curta. Poderán participar nel todas as persoas que presenten un relato inédito, de autoría propia e escrito en lingua galega. 

Te puede interesar