Xornal Escolar
Galería | Creatividade e innovación no colexio de Mende
TEATRO
Unhas bruxas ao final do seu camiño irán na procura da súa sucesora, que ten que ser boa e digna. Unha misión que lle encargarán ao seu sobriño, o trasno Damián, que terá que utilizar o libro dos feitizos para conseguilo. Sen embargo, unha maga malvada tratará de roubar o libro para lograr ser a dona do mundo.
"Aprendiz de bruxa", escrita e dirixida por Elena Seijo, estrearáse o próximo mércores ás 18,15 horas no Auditorio Municipal de Ourense, enmarcada na Mostra de Teatro Infantil de Ourense.
Os alumnos da aula de teatro infantil do Campus darán forma a unha historia na que as súas protagonistas farán un "empoderamento das mulleres bruxas", según apunta Seijo, que sempre estiveron mal vistas nas historias populares. A través do xogo e cun vocabulario adaptado aos nenos, como explica a directora da obra, os intérpretes farán unha defensa destas "mulleres sabias", que explica habían collido mala fama e estaban "fustigadas polos homes porque sabían máis ca eles", di a directora da obra.
Os máis pequenos descubrirán nesta obra con "moito ritmo e sorpresas, a unhas bruxas maiores que están perdendo os seus poderes. Ante esta situación, encargan ao seu sobriño que saía na procura da súa sucesora para garantir que sexa unha bruxa boa.
A "ledicia e o divertimento" unénse nunha obra escrita para os rapaces da aula Geppeto de teatro do Campus, que cada ano estrean unha obra con motivo desta mostra de teatro.
Inspirada nun conto e a raíz das clases e das sesións de improvisacións nos ensaios, Seijo, escribe esta "divertida historia" que fai defensa destas "sabias".
Lugar: Auditorio Municipal de Ourense
Fecha e hora: Mércores, 18,15 horas
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
Pilar Falcón
DÍAS Y COPLAS
Autónomos
JUICIO EN LA AUDIENCIA NACIONAL
El inspector de la UDEF ratifica presiones en la operación Kitchen
PROGRAMAS DE RETORNO
La Xunta abrirá el 12 de mayo las solicitudes de Retorna Cualifica Emprego
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: jueves, 30 de abril