Santa Eufemia será o eixo do programa turístico de Ambía
TURISMO
Organiza para o día 8 de xaneiro un roteiro interpretativo nesta igrexa prerrománica do século IX
A igresa de Santa Eufemia de Ambía, unha xoia arquitectónica de estilo prerrománico do século IX, será un dos eixos fundamentais do programa de desenvolvemento turístico que está a impulsar o Concello de Baños de Molgas. O goberno municipial, que preside o nacionalista Jaime Iglesias, márcase o reto de para posicionarse "como referente a nivel turístico", especialmente no contexto do Xeodestino Terras de Ourense e Allariz.
Con este fin, o Concello leva a cabo un programa de desenvolvemento turístico que, según o rexidor, "ten como principal obxectivo o coñecemento, conservación e difusion, tanto a nivel interno como externos, dos principais valores turísticos. Neste contexto, , a Deputación e o Inorde están a desenvolver proxectos específicos, relacionados co turismo deportivo no entorno da estación de Baños de Molgas, a través da Fundación ADO Moure e deste xeito, o día 5 de xaneiro presentarase no Centro Cultural Marcos Valcércel de Ourense un proxecto e implementación do BTT, no que colaboran a Fundación ADO Moure, o Inorde e a Deputación.
Por outra parte, o día 8 de xaneiro, a partir das 10,00 horas, celebrarase unha xornada de difusión do patrimonio cultural cun roteiro interpretativo no entorno da igrexa de Santa Eufemia de Ambía, xunto con un coloquio sobre o patrimonio cultural do Concello e a súa repercusión turística.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SESIÓN DE CONTROL AL GOBIERNO
Sánchez anuncia un decreto anticrisis para finales de junio
"DEBÍ TIRAR MÁS FOTOS"
Bad Bunny se despide de Madrid tras 10 conciertos a los que han ido 800.000 personas