ENTREVISTA

David Pérez: "Na comarca temos 5.000 anos de historia"

OURENSE. 25.04.2015. PORTO QUINTELA, PRESENTACION LIBRO DAVID PEREZ. FOTO: MIGUEL ANGEL
photo_camera David Pérez, ayer en Bande.

As dependencias do Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova de Porto Quintela, Bande, acolleron onte un acto lúdico-festivo con motivo da presentación do novo libro de David Pérez

As dependencias do Centro de Interpretación Aquae Querquennae-Vía Nova de Porto Quintela, Bande, acolleron onte un acto lúdico-festivo con motivo da presentación do novo libro de David Pérez. Un volume de 328 páxinas que resume o proceso de creación da nosa comunidade dun modo didáctico e sinxelo para o público adulto.

Que o levou a escribir este libro?

Fai moitos anos que tiña na mente escribir este libro, unha narración en plan divulgativo sobre a historia de Galiza dende o Big Bang ata a actualidade, analizando a evolución xeolóxica, como se foi formando a terra e o asentamento poboacional ata os nosos días. E veu un poco de ver a necesidade de que hai moita xente que non sabe exactamente como é a evolución do noso territorio. Sen querer ser erudito, escribo para levar ao gran público a nosa historia. Contén fotografías, debuxos e moitos gráficos, polo que entendo que é de comprensión doada.

A comarca terá un peso importante no relato, non si?

Tanto que a ilustradora Judith Barbará e a correctora Jesica Pérez son de Bande. Ademáis, a comarca representa moi ben, das mellores, a evolución histórica do noso país: a glaciación, o megalítico, a cultura castrexa e medieval... Polo que moitas das fotografías son da zo- na de Terras de Celanova e Baixa Limia. Nun paseo por esta ampla comarca podemos recorrer 5.000 anos de historia.

Un gran potencial patrimonial, cree que está ben explotado turísticamente falando?

Non. No libro tamén son algo crítico e, na idade contemporánea, tamén falo da dilapidación que se fixo dos fondos europeos. Aínda que ultimamente algo se mellorou, penso que temos moito camiño que recorrer na posta en valor do noso patrimonio e na divulgación con fins culturais e turísticos.

Profesionalmente falando, en que proxectos está traballan- do na actualidade?

Xa rematamos a posta en valor da área de lecer do túmulo megalítico da Mota, na parroquia de Corbelle (Bande), e para o vindeiro mes de maio avanzaremos na excavación da Vía Nova dentro do proxecto do camiño natural e na recuperación do foxo do lobo en Guende (concello de Lobios).  

Te puede interesar